legislación

A Consellería de Turismo e Cultura da la Xunta anunciou tras a súa reunión este mes de agosto coa Federación  Galega de Municipios e Provincias o firme compromiso para elaborar unha ordenanza común que regule o turismo de autocaravanas nos municipios galegos, un problema que afecta a “20-30 concellos”, segundo os números de Alfredo García, presidente da FEGAMP.

Segundo explicou o titular autonómico de Turismo, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a Xunta está “a elaborar un decreto” respecto diso, pero o que pretende é que a Fegamp redacte unha ordenanza “tipo” que permita a convivencia de autocaravanas nas localidades galegas.

Algúns concellos, segundo indicou Román Rodríguez, xa teñen ordenanzas propias, pero a idea é contar cunha “xenérica” que permita unha regulación “efectiva” en todo o territorio galego.

Aposta por dar a palabra aos alcaldes

A ordenanza tipo, segundo informa o presidente da Fegamp, estará lista “antes de que termine este ano” e servirá para coordinar e  harmonizar as normativas propias das que xa dispoñen algúns municipios. “Fegamp ten que coordinar aos concellos, que logo deben decidir o que queren facer”, precisa García.

“Nós non imos entrar no conflito dos cámpings e as autocaravanas, pero si temos que evitar as molestias que o aluvión de autocaravanas causa aos veciños dalgúns municipios”. Así se pronunciou o presidente da FEGAMP en declaracións á revista especializada  TUR 43.

“Trátase de regular as zonas especiais de caravanas e autocaravanas en tránsito cuxa regulación segue correspondendo á administración local”, comenta a Xunta, que engade que o tempo máximo de estancia nestas zonas será dunha noite.

O presidente de Fegamp explica que os  autocaravanistas buscan sempre “lugares privilexiados” para estacionar e pernoitar, un desexo que, segundo explica, choca con frecuencia coa normativa e cos intereses dos veciños.

Tanto desde as asociacións de cámpings como de autocaravanas da nosa comunidade demándase un cambio na lei. Por unha banda para controlar este tipo de turismo, pero tamén para cubrir as necesidades dunha modalidade que vai en aumento.

“Queremos que Galicia sexa un destino atractivo para os  autocaravanistas, que veñan coñecer esta terra e a deixar diñeiro aquí», asegura Manuel Fernández, Presidente da Asociación  Galega de Autocaravanas. “Estamos moi lonxe do que se demanda. Cada día o mundo do  autocaravanismo aumenta e hai que adaptarse a iso».

27 de Agosto de 2019
autocaravanas

Xunta e concellos preparan unha normativa para regular o turismo de autocaravanas en Galicia

A Consellería de Turismo e Cultura da la Xunta anunciou tras a súa reunión este mes de agosto coa Federación  Galega de Municipios e Provincias o […]
28 de Marzo de 2017
jornada Sanxenxo marzo 2017

Buena acogida de la jornada sobre legislación turística y ayudas al sector celebrada en Sanxenxo

El Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) celebró una jornada sobre legislación turística y ayudas abierta a todo el sector en la que se abordaron […]