Jornada Puertas Abiertas Rutas de los Vinos de Galicia

O departamento dirixido por Román Rodríguez tamén anuncia a licitación do plan Ribeira Sacra de coordinación de actuacións neste territorio

No marco da presentación das Xornadas de portas abertas nas rutas dos viños de Galicia, que se desenvolverán do 7 ao 9 e do 14 a 16 de xuño nas denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras coa participación de 67 adegas e un amplo abanico de propostas como catas comentadas, visitas a museos ou rutas monumentais, a Xunta de Galicia destacou os investimentos que está a realizar a administración autonómica para o impulso do enoturismo. Un apoio que se traduce nunha achega de 230.000 euros para a realización destas xornadas até 2021, e noutros 236.000 euros destinados á sinalización das rutas das DO Rías Baixas e Ribeiro xa executadas ás que se suman importantes investimentos para a posta en marcha do Museo do Viño de Galicia en Ribadavia, o Museo da Enoloxía do Condado de Tea, o Spa Viñoterapia de Leiro ou para a conservación dos lagares rupestres de Oímbra, entre outras actuacións. Deste xeito, o Goberno galego fixo unha achega total para a dinamización do enoturismo de 4,3 millóns de euros, ao que se suma o apoio ás numerosas festas de interese turístico ao redor deste produto.

Ademais, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, fixo referencia á próxima posta en marcha dos plans de dinamización turística para o cinco zonas denominación de orixe, froito da colaboración de diversos departamentos da Xunta co obxectivo de impulsar economicamente estes territorios e á execución da sinalización das DO Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras.

Licitación do plan Ribeira Sacra

O departamento dirixido por Román Rodríguez tamén anunciou a licitación en breve prazo do Plan de Xestión da Ribeira Sacra, como paso para continuar o proceso da candidatura desta paisaxe cultural á inscrición na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, un plan que, segundo avanzou o conselleiro de Cultura e Turismo, supón “unha verdadeira oportunidade para a protección, a mellora continua e a promoción” deste territorio e será “a mostra do noso compromiso na conservación e difusión desta paisaxe cultural”, servindo para “coordinar os investimentos e as actuacións desenvolvidas polos diferentes axentes do territorio”. No marco do plan tamén se inclúe desenvolver medidas concretas orientadas a conservar o valor universal excepcional desta contorna e promoverase a difusión dos seus valores dentro e fóra da zona.

Neste sentido Rodríguez lembrou o investimento de máis de 1,8 millóns de euros durante 2018, dirixidos á restauración e conservación do patrimonio cultural, as actividades de promoción turística da Ribeira Sacra e o coidado e sinalización do Camiño de Inverno. Un esforzo investidor que continúa ao longo de 2019, no que xa foron executados 1,7 millóns de euros, licitándose actuacións de conservación por valor de máis de 700.000.

06 de Xuño de 2019
enoturismo pazo baion

A Xunta destaca un investimento de 4,3 millóns de euros que está a permitir o impulso do enoturismo en Galicia

O departamento dirixido por Román Rodríguez tamén anuncia a licitación do plan Ribeira Sacra de coordinación de actuacións neste territorio No marco da presentación das Xornadas […]