innovación

Co obxectivo de subliñar o carácter estratéxico do deseño e a importancia da súa aplicación á innovación para a competitividade e o crecemento das empresas, a Axencia Galega de Innovación (Gain) está a levar a cabo unha serie de encontros de traballo cos diferentes clústeres empresariais e axentes implicados no desenvolvemento do tecido empresarial para identificar as súas necesidades estratéxicas e implicalos desde o comezo no desenvolvemento do Programa de Deseño para a Innovación 2020, integrado no Plan Galicia Innova 2020.

No contexto destes encontros, que continuarán ata o próximo mes de outubro, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, mantivo un encontro con representantes de catorce clústers empresariais galegos. Argerey recalcou ante os representantes do tecido produtivo o carácter estratéxico do deseño e anunciou a posta en marcha dunha serie de actuacións de impulso á súa implantación como ferramenta de innovación empresarial, seguindo a liña marcada a nivel internacional na que se apunta que a innovación é moito máis que tecnoloxía, é desenvolvemento de mellores produtos a través do deseño.

Esta iniciativa tamén axudará a construír o Mapa de axentes do deseño empresarial, que será o xerme da Rede de axentes que Gain busca promover. Finalmente, organizarase unha sesión baseada na dinámica de cocreación baseada na metodoloxía Design Thinking para pór en común as prioridades identificadas e trasladalas ao programa.

Ademais da identificación da Rede de axentes de deseño empresarial, Argerey anunciou outros obxectivos deste ciclo de conversacións dentro do Programa de Deseño para a Innovación 2020: identificar accións conxuntas a impulsar dentro da Rede; accións de formación, difusión e divulgación para fomentar o deseño no ámbito empresarial; valorar as axudas que sería desexable habilitar para reforzar a implantación do deseño na estratexia das pemes galegas; explorar casos de éxito que poidan servir como referencia; e identificar novas entidades para ser incorporadas á Rede de axentes.

Neste primeiro encontro participaron representantes do sector do deseño: a Asociación Galega de Deseño (DAG), o Colexio oficial de Arquitectos (COAG), as fundacións Sargadelos e DIDAC, o Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas (DARDO), o Centro Expositivo Sirvent, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e Galicia Maker Faire, ademais de representantes dos clústers da Madeira e do Deseño (CMD), as Ciencias da Vida (BIOGA), o granito, a lousa, a automoción (CEAGA), a acuicultura (CETGA), o TIC, o audiovisual (CLAG), o naval (ACLUNAGA), a alimentación (CLUSAGA), o turismo (CTG), a comunicación gráfica, o téxtil (COINTEGA) e a saúde.

24 de Xullo de 2018
reunion gain diseño clusteres

A Xunta reúnese cos clústers empresariais para definir as actuacións do Programa de deseño para a innovación 2020

Co obxectivo de subliñar o carácter estratéxico do deseño e a importancia da súa aplicación á innovación para a competitividade e o crecemento das empresas, a […]
14 de Decembro de 2017
presentacion parandanta

Dez concellos conforman o geodestino Condado Paradanta, que estrea web e propostas turísticas

O Hotel Balneario de Mondariz acolleu a presentación do geodestino Condado Paradanta, liderado polo concello de Ponteareas e composto por estes concellos e os da Cañiza, […]
10 de Outubro de 2017
Networking_empresarial_sanxenxo

Sanxenxo acolle a xornada profesional “Turismo e novas tecnoloxías: Innovación e transformación dixital do turismo”

Impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o prazo de inscrición xa está aberto Dirixido a empresas turísticas, provedores dixitais e […]
04 de Outubro de 2017
Encuentro Intercluster Canarias sept 2017

A innovación, clave para a mellora da competitividade dun sector turístico, entre as conclusións do Foro Fi2

Tenerife acolleu a celebración da oitava edición do Fi2, o foro de innovación e tecnlogía de Canarias, que este ano estaba dedicado ao turismo O Clúster […]