Cando falta moi pouco para terminar o ano coñecemos os datos do INE de ocupación hostaleira en novembro, que se consolida como un excelente mes para o sector turístico galego, ao mellorar en todos os seus cocientes. Así, mellorouse en seis puntos a ocupación, que case alcalza o medio millón de noites, pero tamén o fixo a estancia media, un 8,6%, -o dato máis elevado en sete anos-, á vez que crece a rendibilidade das empresas, consolidando un excelente outono para o sector.

En total, o número de noites de hotel en Galicia rozou en novembro as 500.000, realizadas por 235.000 viaxeiros, o que representa a segunda cifra máis elevada desta década. Por segmentos destaca o avance do turismo internacional, cun 26% máis de demanda estranxeira nos establecementos hostaleiros, e o mercado interno, que subiu un 9% respecto ao mesmo período do ano pasado. O incremento máis notable deuse novamente en Ourense, que marcou unha alza superior ao 10%, fortalecendo así tamén o turismo de interior.

Os niveis de ocupación media subiron máis de 2 puntos e até 3,6 no caso da fin de semana e a rendibilidade o sector marcou o valor máis elevado da década cun incremento das tarifas hostaleiras nun 3,2%, avanzando así no modelo de calidade e diversificación proposto por administración pública e sector.

25 de Decembro de 2018
20181221CrecementoTurismoNovembro

O turismo galego consegue o mellor novembro en 11 anos tras mellorar en todos os cocientes da demanda hoteleira

Cando falta moi pouco para terminar o ano coñecemos os datos do INE de ocupación hostaleira en novembro, que se consolida como un excelente mes para […]
26 de Setembro de 2018
grafico viajeros agosto 2018 galicia

En agosto melloraron prezos e rendibilidade do sector hostaleiro galego

Continúa o proceso de estabilización do crecemento alcanzado en anos anteriores e conséguese a estancia media máis alta en oitos anos Os viaxeiros que elixiron Galicia […]
24 de Agosto de 2018
20180824ConsolidacionTurismoGalicia

A demanda hoteleira descende en xullo en Galicia aínda que se incrementan as tarifas e a estadía media

Despois de cinco anos de intenso crecemento, este de mes de xullo pechouse para os hoteis galegos coa un descenso no número de viaxeiros do 15% […]
03 de Xullo de 2018
OCUPACION MAYO

O turismo rural volve liderar o crecemento de viaxeiros en Galicia cun 11% máis de aloxados no mes de maio

Os establecementos extrahoteleros creceron un 7,6% en número de viaxeiros, tres puntos máis que os hoteis O mes de maio tamén arroxou datos positivos para o […]