IFFE Business School

A comunicación é unha ferramenta fundamental para conectar co cliente e quen saiba optimizala terá mellores resultados no seu negocio, así se asegurou no seminario sobre Habilidades de Comunicación que se celebrou esta semana en Lugo. Unha vintena de profesionais do sector turístico asistiron ao taller no que se lles ensinou como desenvolver ao máximo as súas habilidades comunicativas, aumentar a súa confianza e seguridade e realizar mellores presentacións ante o público.
O taller pertence ao segundo Plan de Formación promovido polo Clúster Turismo de Galicia, coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e conta coa colaboración da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, en cuxa sede se celebra a actividade. Sandra Castro, formadora da Escola Inventa, encárgase de impartir o taller, no que os asistentes teñen fundamentalmente un perfil directivo.
O Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia desenvólvese baixo a organización de IFFE Business School e consta de 150 horas formativas repartidas en diferentes seminarios, talleres e cursos que se están impartindo en localidades do catro provincias. Todas as actividades teñen en común o seu carácter presencial e gratuíto. O obxectivo do Clúster Turismo de Galicia é promover unha maior profesionalización do sector e mellorar a súa competitividade.
Os profesionais interesados poden consultar o contido deste programa e do resto das actividades incluídas no calendario formativo a través da web http://www.iffe.es/formacion-cluster-turismo-galicia/

03 de Novembro de 2016
seminario formación lugo 1

Profesionais do turismo de Lugo aprenden a comunicar mellor

A comunicación é unha ferramenta fundamental para conectar co cliente e quen saiba optimizala terá mellores resultados no seu negocio, así se asegurou no seminario sobre […]
26 de Outubro de 2016
seminario formación Foz

Aprender sobre negocios turísticos sustentables e eficientes

Profesionais do sector turístico asistiron en Foz a un seminario sobre a sustentabilidade e a eficiencia na xestión dos seus negocios enmarcada no programa de formación […]
20 de Outubro de 2016
Curso Superior Gestión Empresa Turística Santiago

Máis de 70 profesionais do sector turístico melloran capacitacións profesionais a través do Plan de Formación do CTG

Santiago, Monforte, Sanxenxo e Vigo foron as cidades que esta semana acolleron as diferentes accións formativas que o Clúster Turismo de Galicia está a desenvolver no […]