Hostelería Compostela

A undécima edición de Santiago(e)tapas, o concurso de tapas compostelás organizado conxuntamente por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, concluíu coa entrega dos seus premios. A Viaxe, Artesana, TS A Casa e Doña Ana son os establecementos que se repartiron os principais galardóns nunha edición que contou coa participación de 68 establecementos. En total presentáronse 101 tapas a concurso na primeira fase do 15 de novembro e o 2 de decembro.
As mellores dez tapas escollidas polo xurado pasaron á gran final do 7 ao 9 de decembro, onde o público e un novo xurado profesional valoraron ás finalistas. En total, nos 20 días de concurso consumíronse máis de 30.000 tapas e emitíronse 21.700 votos válidos para escoller os dous premios do público, resultado do voto popular da primeira fase, e os tres grandes premios finais, resultado conxunto da valoración do xurado profesional e o voto popular dos tres días da final.
O primeiro premio foi para “ Montadiño Tenreira Arzúa-Ulloa” da Viaxe, o segundo foi para “Croqueta” de Artesá e o 3º para “A Pataca Quechola” de Dona Ana. Para o público os premiados foron “ Capuccino” de ArteSana e “ Petisco galego 100% apto” de TS A Casa mentres que o Premio(É)Tapas+, ao dinamizador en redes sociais máis activo foi para @ queverensantiago, usuario de Instagram.
20 de Decembro de 2018
ganadores santiago etapas 2018

“ Capuccino” e “ Montadiño Tenreira-Arzúa-Ulloa”, gañadores do Santiago(e)Tapas 2018

A undécima edición de Santiago(e)tapas, o concurso de tapas compostelás organizado conxuntamente por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, concluíu coa entrega dos seus […]
15 de Xuño de 2018
RP_augabilla

O Concello de Santiago e Hostalaría Compostela colaboran para fomentar o consumo da auga da billa

O Concello de Santiago e a asociación Hostalaría Compostela asinaron un convenio que ten como obxectivo promover o consumo da auga corrente e, por tanto, reducir […]
29 de Maio de 2018
CarrieDavidsonRitaSobrado2

Os visitantes a Santiago, A Coruña e Vigo suman o 60% do total de viaxeiros que elixiron Galicia no primeiro trimestre do ano

Compostela acolleu o primeiro Partners Event de Expedia Group en Galicia nun acto no que se deron a coñecer algúns datos extraídos dos usuarios de Expedia […]
28 de Marzo de 2018
santiago paixon doce

18 establecementos únense á terceira edición de “Santiago Paixón Doce”, do 23 de marzo ao 2 de abril

Co obxectivo de incentivar o consumo de tarde e facer unha homenaxe á tradición “larpeira” da cidade, 18 establecementos de Compostela celebrarán do 23 de marzo […]