guía turístico

O Diario Oficial de Galicia recolle a convocatoria oficial para as probas de habilitación de guías turísticos especializados de Galicia, que se convocan trala posta en marcha, o pasado mes de maio, do novo decreto que regula esta actividade profesional. Os intereasados teñen un mes de prazo para presentar a súa solicitude, a contar desde o 8 de setembro.

Poderán presentarse ás probas os cidadáns maiores de idade que teñan a nacionalidade española ou a dalgún dos estados membros da Unión Europea, asinante do Acordo sobre Espazo Económico Europeo ou de calquera outro dos estados de libre circulación de traballadores e traballadoras. Así mesmo, poderán participar nas probas os cidadáns estranxeiros con residencia legal en España.

Os aspirantes a guías de turismo deberán estar en posesión de un título de grado ou diplomatura universitaria, de grao superior de formación profesional ou de diploma de xestión e/ou dirección de empresas hoteleiras. Así mesmo, deben acreditar o dominio das linguas oficiais de Galicia e dalgunha lingua estranxeira. Cabe lembrar que segundo o novo decreto, esta habilitación é de carácter indefinido.

Tres exercicios

Unha vez publicadas as listas definitivas de admitidos e admitidas fixarase a data de comezo das probas que terán lugar na cidade de Santiago de Compostela. As probas de habilitación constituiranas tres exercicios, todos eles eliminatorios. O primeiro deles consistirá nun cuestionario de oitenta preguntas tipo test; o segundo constará de dúas probas, unha tradución dun texto do castelán ao galego e unha tradución do galego ao castelán; e o terceiro exercicio constará dunha tradución en ambos os sentidos, castelán e idioma estranxeiro, e dunha conversa en cada un dos idiomas solicitados. Os profesionais con habilitación en vigor como guías de turismo que desexen ampliar a súa habilitación para outros idiomas distintos aos que consten nela, tan so terán que superar as correspondentes probas de idiomas.

O programa que rexerá os exames contén tres bloques principais: un temario cultural, un temario de itinerarios e recursos turísticos e un terceiro temario centrado en temas relacionados coa lexislación.

A convocatoria destas problas foi a través dunha rolda de prensa na que participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen estivo acompañada polo director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luis Maestro, e o presidente de Asociación de Guías Turísticos de Galicia, Diego Lamas, quen destacou a importancia do labor que realizan os guías turísticos. “Desenvolven un papel fundamental no desenvolvemento turístico de Galicia xa que, teñen o labor de transmitir o saber sobre un territorio e a posta en valor do mesmo como destino turístico”, afirmou Nava Castro.

09 de Setembro de 2015
sample_recursos_01

Convocadas as probas de habilitación de guías turísticos especializados de Galicia

O Diario Oficial de Galicia recolle a convocatoria oficial para as probas de habilitación de guías turísticos especializados de Galicia, que se convocan trala posta en […]
19 de Maio de 2015

O DOGA recolle xa o decreto que regula a actividade profesional dos guías turísticos en Galicia

A normativa, que non ten carácter retroactivo, establece como principais novidades a habilitación directa e indefinida do título O DOGA do 19 de maio recolle o […]
10 de Febreiro de 2015

Curso de formación de guías turísticos de viajes combinados en la UNED Ourense

Se trata de una formación homologada por la Xunta, de 60 horas de duración y que estará impartida por el profesor Antonio Fraiz Brea Se trata […]
08 de Febreiro de 2015

Nuevo decreto para regular la profesión de guía de turismo en Galicia

El decreto, que previsiblemente se aprobará en las próximas semanas, establece entre sus principales novedades la habilitación definitiva a través de titulaciones de Técnico superior en […]