Incremento de aforamentos, permiso para o baño e apertura de piscinas e zonas comúns en hoteis ou do servizo no interior de restaurantes, entre os cambios que traerá a previsible entrada de Galicia na fase 2 a próxima semana

De cumprirse as expectativas da Consellería de Sanidade, que vai solicitar o pase do conxunto da comunidade autónoma a fase 2, a próxima semana avanzariamos á segunda fase de desescalada, un cambio de fase que suporía o incremento no número de persoas nas reunións, nos aforamentos dos establecementos de restauración, reapertura de cinemas ou de piscinas ou a celebración de vodas, entre outros aspectos.

Hoteis a un terzo da súa capacidade
Os hoteis xa abriron as súas portas na fase 1 e na 2 xa estará permitido o uso das zonas comúns, ademais de que os espazos interiores deben ser ventilados dúas horas antes do seu uso. O aforamento estará limitado a un terzo da capacidade habitual deste tipo de instalacións. Cada establecemento deberá determinar os aforamentos dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares nos que se poderán realizar eventos e as condicións máis seguras. As actividades de animación ou clases grupales deberán deseñarse e planificarse cun aforamento máximo de vinte persoas.

Bares sen servizo en barra e ao 40%
Nesta fase permítese o servizo no interior dos establecementos de restauración, con separación entre mesas e aforamento restringuido a un 40%. Non se permite o servizo en barra e deberanse suprimir as tradicionais cartas cos menús, observando o distanciamento social no servizo de mesa e o resto das condicións de servizo que se puxeron en marcha na primeira fase (eliminación de obxectos de uso común como servilleteros, aceiteras, etc.)

Concertos con 400 espectadores
Estarán permitidos espectáculos e actos culturais (entre os que se inclúen os desexados concertos e dos que unha gran maioría suspendéronse ou aprazado) cun público de 50 persoas en espazos pechados e de 400 espectadores ao aire libre.

Apertura de centros comerciais e reunións de até 15 persoas
Co pase á fase 2 as reunións pasarían de 10 a 15 persoas, con paseos e deporte sen restricións de horas aínda que se manterían as franxas horarias nos núcleos de poboación de máis de 10 mil persoas. Os grandes centros comerciais poderán abrir as súas portas na fase 2 limitando o seu aforamento ao 40% e procurando que os clientes manteñan a denominada distancia social. Non se poderá permanecer durante máis tempo do necesario en zonas comúns destas grandes superficies e as persoas de máis de 65 anos terán un horario preferente para realizar as compras que consideren necesarias, a parte de que os aseos familiares e as salas de lactación só poderán ser ocupadas por unha familia ao mesmo tempo.

Cinemas ao 33% de aforamento e butaca asignada
Os cinemas poderán abrir pero cunha limitación estrita do aforamento ao 33% e con butaca preasignada, unha situación similar á que vivirán os museos xa que se deberán instalar nas súas interior barreiras de protección na área de chegada dos visitantes, a parte de colocar carteis con recomendacións sanitarias en todos os puntos máis visibles. Esta semana tamén se reabren as bibliotecas con actividades de lectura en sala e préstamos e devolución de materiais, que deberán pasar 14 días de corentena tras a entrega.

Recuperación de actos sociais. Volven as vodas, as misas e increméntanse até 25 familiares en velorios
Os lugares de culto poderían ampliar o seu aforamento na fase 2 dun terzo até a metade e permitiranse os velorios cun máximo de 25 persoas ademais da persoa que se encargue de celebrar o ritual relixioso. Estará permitida a celebración deste tipo de eventos (a maioría concéntrase no verán aproveitando o bo tempo) cun máximo de 50 invitados en sitios pechados e 100 en espazos abertos.

Apertura de praias e piscinas
O tránsito e permanencia nas praias, sempre respectando as medidas de seguridade e hixiene, estaría permitido en grupos de máximo 15 persoas que á súa vez terían que distribuírse polos areais de maneira que se respectase a distancia social de polo menos dous metros. Estará permitida a reapertura das piscinas para uso deportivo e recreativo pero cun aforamento máximo do 30% dependendo da capacidade de cada recinto e establecerase unha distancia de seguridade de polo menos dous metros entre os usuarios preferiblemente mediante sinalización no chan. Os vestiarios, duchas ou fontes permanecerán inactivos.

Turismo activo e congresual
Permítese a realización de congresos, encontros, reunións de negocio e conferencias en pavillóns de congresos, salgas conferencias, salas multiusos e outros establecementos e instalacións similares. O tope é de 50 asistentes e ínstase a promover a participación non presencial. Na Fase 2 poderanse realizar actividades de turismo activo e de natureza para grupos de até vinte persoas, nas mesmas condicións que as establecidas na anterior Orde.

18 de Maio de 2020
playa

Como será Galicia en Fase 2?

Incremento de aforamentos, permiso para o baño e apertura de piscinas e zonas comúns en hoteis ou do servizo no interior de restaurantes, entre os cambios […]
07 de Maio de 2020
formación on line Xunta de Galicia

Sete novos seminarios de teleformación co CSHG

A oferta formativa da Consellería de Cultura e Turismo complétase con cursos de inglés Durante o mes de maio continúan os cursos de formación en liña […]
06 de Maio de 2020
portada plan reactivación

O Plan aprobado para a Xunta para a reactivación do sector turístico suporá un investimento de 11 millóns e 5,6 no redeseño do Xacobeo2021

Baixo a máxima de promocionar Galicia como destino seguro, o plan arrincará este mes de maio coa posta en marcha de medidas orientadas a manter o […]
05 de Maio de 2020
reunión BNG

O Clúster Turismo de Galicia traslada ao BNG a situación do sector turístico galego

Unha representación do Clúster Turismo de Galicia mantivo un encontro cos principais representes do Bloque, que lles trasladaron o seu apoio ao sector e coñeceron de […]