Destacados na modalidade de cultura, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de recoller o galardón na XX edición dos Premios de Turismo Activo de Fitur

Como elemento que promove a excelencia e a innovación no turismo, os Trens Turísticos de Galicia recibiron o recoñecemento como Mellor Produto de Turismo Nacional na XX edición dos Premios de Turismo Activo que leva adiante a Secretaría do Estado de Turismo a proposta do órgano de goberno do IFEMA e do comité organizador de Fitur. Con estes premios recoñécense os esforzos de empresas, profesionais e entidades na potenciación da excelencia do sector turístico en España. É o caso dos Trens Turísticos galegos, exemplo de creación dun novo produto que diversifica a oferta cultural e contribúe ao desenvolvemente sostible.

O xurado destacou o traballo de Turismo de Galicia no desenvolvemento de proxectos que amplían a oferta turística da comunidade a través da adopción de políticas turísticas que fomentan o desenvolvemento sostible proporcionando ao viaxeiro un novo modo de descubrir algúns dos recursos turísticos máis singulares de Galicia combinando os desprazamentos en tren con outros en autobús, catamarán ou incluso barco para achegarse dunha maneira diferente aos recursos relacionados coa paisaxe, a natureza, a viticultura, a enoloxía ou a botánica.

Un proxecto turístico pioneiro e innovador

Galicia a todo tren naceu como un proxecto turístico pioneiro e neste ano 2015 celebrará xa a súa terceira edición grazas á colaboración interinstitucional entre a Xunta de Galicia, Renfe e a Deputación de Ourense.

Neste ano, na súa terceira edición, os trens turísticos de Galicia continuarán ofrecendo sete rutas que permiten descubrir diferentes zonas da nosa comunidade con variadas temáticas: a Ruta dos Faros, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos e as cinco Rutas do Viño que recorrerán os distintos territorios onde se producen as denominacións vitivinícolas galegas: Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras. Sen esquecer o Tren Peregrino, que posibilitará a realización do Camiño de Santiago desde Madrid a bordo dun cómodo Tren Hotel; e o Tren dos Balnearios, unha nova posibilidade dirixida a maiores de 50 anos que brindará a posibilidade de aloxarse nun balneario ourensán e realizar circuítos culturais pola zona elixida.

Así mesmo, volve nesta nova edición o Galicia Rail Pass que un ano máis permitirá a peregrinos e turistas que cheguen a Galicia en trens de largo percorrido ou co pase dos trens turísticos utilizar os trens da rede de Renfe en Galicia cantas veces queiran o fins de semana, pontes e festivos do verán; e o Tren Al Andalus que percorrerá no mes de xullo o traxecto León – Santiago de Compostela.

12 de Maio de 2015

Os trens turísticos de Galicia reciben o premio ao Mellor Produto de Turismo Nacional

Destacados na modalidade de cultura, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de recoller o galardón na XX edición dos Premios de […]
29 de Abril de 2015

El Clúster del Turismo de Galicia cuenta ya con su propio Canal de Youtube

Con el objetivo de contribuir a difundir Galicia como destino multiexperiencial, el Clúster del Turismo de Galicia ha creado un canal de Youtube, que cuenta ya […]
27 de Abril de 2015

Excelentes cifras de pernoitas en marzo nos hoteis galegos

Os hoteis da nosa comunidade recibiron un total de 214.101 viaxeiros, un 23,4% máis, e subiron tamén as pernoitas Neste primeiro trimestre melloraron tamén tanto o […]
23 de Abril de 2015

Galicia, a la cabeza en número de casas rurales accesibles

Frente al 17% de casas rurales accesibles en España, nuestra comunidad está a la cabeza en este tipo de establecimientos adaptados para las necesidades de personas […]