Melloran os datos de rendibilidade do sector hoteleiro galego no mes de abril, cunha taxa de variación anual do Índice de Prezos Hoteleiros dun +7,4%. Do mesmo xeito a facturación media dos hoteis por cada habitación ocupada (ADR) é de 55,2 euros en abril, o que supón un aumento do 11,1% respecto ao mesmo mes de 2016, un incremento igual ao que experimenta o conxunto do Estado.
Pola súa banda, o ingreso medio diario por habitación dispoñible (RevPAR), que está condicionado pola ocupación rexistrada nos establecementos hoteleiros, alcanza os 22 euros, cun incremento do 41,5%, practicamente o dobre que a media estatal pero aínda moi lonxe das cifras que marca o RevPAR nacional, situado para este mes de abril en 53? por habituación dispoñible. No capítulo de ocupación, con todo, Galicia volveu marcar baixas ocupacións en abril, cun 36% das súas prazas hoteleiras ocupadas aínda que segue ocupando o sexto lugar en distribución de pasas a noite dos españois durante este mes, por diante de comunidades autónomas como Asturias, País Vasco ou Baleares. Andalucía, Cataluña, Comunitat Valenciana e Comunidade de Madrid son os destinos principais dos viaxeiros residentes en España en abril, con taxas anuais de variación no número de pernoctaciones do 25,7%, 37,9%, 30,9% e 19,4%, respectivamente mentres que o principal destino elixido polos viaxeiros non residentes é Canarias, cun 30,8% do total de pernoctaciones. Nesta comunidade as pernoctaciones de estranxeiros soben un 8,5% respecto de abril de 2016. Os seguintes destinos do non residentes son Cataluña (co 18,4% do total de pernoctaciones e un crecemento do 16,4%) e Andalucía (co 15,8% do total e un aumento do 11,4%).

24 de Maio de 2017
INE abril

Mellora de rendibilidade pero non de ocupación nos hoteis galegos no mes de abril

Melloran os datos de rendibilidade do sector hoteleiro galego no mes de abril, cunha taxa de variación anual do Índice de Prezos Hoteleiros dun +7,4%. Do […]
19 de Decembro de 2016
Camino de Santiago

O Camiño de Santiago, elemento fundamental de promoción para a España Verde en 2017

O Camiño de Santiago será en 2017 o elemento fundamental de promoción internacional da marca turística España Verde, da que forman parte Galicia, Asturias, Cantabria e […]
02 de Novembro de 2016
apartamentos turísticos

Boa ocupación en setembro para o aloxamento extrahoteleros en Galicia

Viaxeiros e pernoctaciones creceron nos cámpings, albergues, apartamentos turísticos e turismo rural Os apartamentos turísticos galegos acolleron no mes de setembro un 32% máis de viaxeiros […]
27 de Outubro de 2016
Presentación comercialización enoturismo Galicia Emociones

Un proxecto de comercialización impulsará a paquetización competitiva do enoturismo galego

O proxecto, denominado Emocións Enoturismo Galicia, está auspiciado polo Clúster Turismo de Galicia e executado por Proturga e Gallaecia A iniciativa de comercialización compleméntase coa posta […]