Ata o mes de outubro os portos galegos captaran máis de 300 mil cruceristas, un 10% máis que en 2016

Á espera do peche de 2017, os fitos marcados ata a data permiten pensar que este vai ser un ano moi bo para o turismo de cruceiros en España. Se no conxunto de España o ritmo de crecemento deste tipo de turismo está a ser moi positivo, con case 8,7 millóns de cruceristas en 2016, todo fai pensar que esta cifra se superará con fartura a finais deste ano. E en Galicia o ritmo de crecemento é aínda maior que a media nacional. En concreto, ata octubrelos portos galegos captaran 318.326 turistas, un 10 % máis que no mesmo período do ano anterior, mentres que o crecemento xeral sitúase no 2,58 %.

Entre as razóns deste crecemento xeneralizado sitúase probablemente a democratización deste tipo de turismo. No caso galego, este incremento traduciuse na chegada do primeiro cruceiro a Marín, por exemplo. Pero é Coruña o porto que captou o 51% dos cruceristas que pisaron chan galego: 161.612 persoas que se baixaron de 109 barcos mentres que en Vigo, o segundo porto en 2017, baixáronse ata outubro 135.294 pasaxeiros -un 17 % menos que no mesmo período do 2016. Unha cifra que se sitúa no punto máis baixo da súa captación de cruceristas, que en 2011 marcaba teito coa chegada de 253.637 á estación marítima viguesa.

Entre as causas deste descenso, o presidente do Porto de Vigo, Enrique Veiga, establece o prezo dos combustibles que hai dous anos, cando se planifica as viaxes, estaba disparado, o que aconsellaba ás navieras a acurtar as viaxes e recalar en portos máis próximos (A Coruña e Ferrol, por tanto).

De feito Ferrol é outro porto que viu caer o número de cruceiros, que non de cruceristas, aínda que se cumpriron os obxectivos que se marcaron a autoridade portuaria. Tamén Vilagarcía sae ben parada este ano. A estas alturas xa recibiu o dobre de cruceiros que o ano pasado e multiplicou tamén por dous o número de turistas que desembarcaron no seu porto.En canto ao negocio, se se atende aos cálculos da industria, que cifran en 70 euros o gasto por crucerista -o dobre se se trata dun porto de inicio de ruta-, a comunidade ingresaría máis de 22 millóns de euros. Con todo, Galicia non alcanzará en 2017 a súa marca de cruceristas, situado en 2012, cando se superaron os 400.000 turistas de cruceiro.

Con todo, todos os portos están convencidos da importancia deste tipo de cruceiros polo que están a traballar na captación de novas escalas para os próximos anos a través da súa participación en feiras especializadas como a Seatrade Cruise de Miami e na Seatrade de Hamburgo.

12 de Decembro de 2017
puerto de Vigo

A industria dos cruceiros crece en Galicia a un ritmo maior que a media nacional

Ata o mes de outubro os portos galegos captaran máis de 300 mil cruceristas, un 10% máis que en 2016 Á espera do peche de 2017, […]
29 de Setembro de 2017
turismo-galicia-combarro-verano

A mellora de pernoitas, a estancia media e a rendibilidade, claves para avaliar positivamente a tempada estival galega

O Clúster Turismo de Galicia fai balance positivo do verán e convida o sector a seguir traballando en prol da ordenación, a desestacionalización e regulación dun […]
20 de Setembro de 2017
foto grupo entrega q calidad

A Coruña acolle a entrega das 281 distincións Q de Calidade 2017

O presidente Feijóo presidiu o acto e destacou que Galicia é a única comunidade que leva 14 anos consecutivos sumando certificacións Q de calidade O Palacio […]
11 de Setembro de 2017
O titular do Goberno galego, Alberto Nœ–ez Feij—o, presidir‡ a reuni—n do Consello da Xunta. Na sala de Consello. Sî GRçFICOS. A partir das 12,30h, comparecer‡ en rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na reuni—n do Consello

O turismo internacional continúa gañando peso no verán galego, que mellora cifras de rendibilidade

Cumprindo as expectativas iniciais, e a falta de cifras finais, a ocupación hoteleira creceu en Galicia este verán entre un 3 % e un 5 % […]