Co obxectivo de ofrecer un diagnóstico pormenorizado da situación actual, definir os principais retos e estratexias e primar as accións concretas que se van a realizar nos próximos anos, este mes de abril comezan os primeiros traballos do Plan Estratéxico de Turismo Rural de Galicia que permitirá profundar nas oportunidades deste segmento en alza, que xa acumula no catro anos crecemento continuados en número de viaxeiros e pernoctaciones pero que presenta diversas ameazas como o despoboamento, a escaseza de servizos, os problemas de mobilidade, o acceso a internet de calidade, a baixa taxa de ocupación e a baixa rendibilidade empresarial
Para coñecer mellor a situación actual, o plan inclúe unha primeira fase na que se solicitarán os datos cuantitativos e cualitativos necesarios para a análise posterior e a elaboración do diagnóstico. Así, poranse en marcha 14 mesas de traballo (1 en cada geodestino) nas que estarán presentes concellos con gran proxección en turismo rural, GDR, GAPL, Consellos reguladores, asociacións de turismo rural, turismo activo, universidade, entidades enogastronómicas e representación do subsector de comercialización (axencias de viaxes e plataformas en liña). Ademais levarán a cabo enquisas en todas as casas de turismo rural e entrevistas individuais a 60 delas e a 40 expertos, co fin de obter conclusións relativas á situación empresarial do turismo rural galego.
Experiencias no rural
Con este documento, Turismo de Galicia deseñará novas experiencias turísticas ao redor do medio rural galego que se sumarían ás xa postas en marcha con éxito como o Outono Gastronómico, que mestura a natureza coa gastronomía; as iniciativas de turismo ornitolóxico; os centros das Rutas BTT, que combinan o deporte co medio rural; a Ruta da Camelia, as do Viño ou o Bono Iacobus no Camiño de Santiago, entre outras, ademais de fomentar sinerxías co sector primario e co Camiño de Santiago, coa vista posta no Xacobeo 2021.

03 de Abril de 2018
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

En marcha os traballos de diagnóstico do Plan Estratéxico de Turismo Rural de Galicia

Co obxectivo de ofrecer un diagnóstico pormenorizado da situación actual, definir os principais retos e estratexias e primar as accións concretas que se van a realizar […]
02 de Abril de 2018
Semana Santa Santiago

O sector turístico galego fai balance positivo dunha Semana Santa marcada pola climatoloxía adversa

Consideran que o destino turístico foi capaz de contrarrestar o tempo inestable cunha sólida oferta turística cultural, enogastronómica e termal que consolida a marca Galicia O […]
12 de Marzo de 2018
mesa fevitur 1

Galicia foi posta como exemplo de regulación exitosa das vivendas de uso turístico nun foro celebrado na ITB Berlin

O CTG concliu a súa cuarta misión comercial en Alemaña con medio centenar de encontros profesionais celebrados O Clúster Turismo de Galicia, da man do seu […]
06 de Marzo de 2018
turismo rural hórreo

Caen os viaxeiros que elixiron o turismo rural galego en xaneiro

Os viaxeiros aloxados en establecementos galegos de turismo rural diminuíron un 1% no mes de xaneiro, ata os 4.459, segundo os datos publicados este mércores polo […]