Galicia Friendly

Santiago acolleu a xornada de clausura do programa cuxo obxectivo é a mellora da imaxe dos establecementos e da atención a visitantes estranxeiros

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu hoxe a entrega das placas “Galicia Friendly” que acreditan aos establecementos hostaleiros que contan con competencias en inglés que lles permitan ofrecer servizo aos turistas estranxeiros. En total son 87 establecementos os que se contan este ano dentro do programa, 15 renovan con respecto á primeira edición e un total de 72 son novas adhesións, todos eles establecementos hostaleiros pertencentes a Coruña, Santiago, Lugo e Pontevedra.
No acto de entrega dos recoñecementos de aproveitamento do programa estiveron presentes, ademais do presidente do Clúster Turismo de Galicia e dos presidentes das asociacións de hostalaría promotoras (A Coruña, Lugo, Santiago e Pontevedra), o chef do restaurante coruñés Árbore da Veira, Luís Veira, galardoado cunha Estrela Michelín, quen protagonizou un relatorio de clausura e recolleu a súa propia placa “Galicia Friendly”.
O programa Galicia Friendly, promovido polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, pon así fin a un intenso proceso de auditoría e mellora das competencias lingüísticas dos hostaleiros galegos que se desenvolveu durante os meses de setembro e outubro co fin de mellorar as competencias lingüísticas dos seus traballadores e soportes de comunicación, tanto on-line como off-line, que lles permitan atender mellor as necesidades dos turistas estranxeiros. O equipo de Galicia Friendly ocupouse de dar asesoramento e soporte personalizado, elaborando os informes para orientar as súas accións que melloren dita atención ao cliente estranxeiro.

30 de Outubro de 2018
foto grupo entrega placas galicia friendly

Galicia Friendly clausura a súa 2ª edición con 70 novas adhesións ao seu programa de mellora de competencias lingüísticas

Santiago acolleu a xornada de clausura do programa cuxo obxectivo é a mellora da imaxe dos establecementos e da atención a visitantes estranxeiros A Cidade da […]
13 de Setembro de 2018
grupo Galicia Friendly Vigo

Arrinca a 2ª edición do programa Galicia Friendly para mellorar as competencias lingüísticas dos hostaleiros galegos

Enmarcado no convenio de colaboración asinado entre o CTG e a Axencia Turismo de Galicia para a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico. O […]
21 de Xaneiro de 2018
Presentacion cluster Fitur 2018

O Clúster Turismo de Galicia aposta en Fitur pola creación de produtos turísticos diferenciados e innovadores para mellorar a venda do destino

O CTG protagonizou unha das presentacións na caseta de Galicia na última xornada profesional da feira Galicia Destino Familiar, Galicia MICE, Galicia Destino Activo, Enoturismo Galicia […]
02 de Outubro de 2017
grupo Galicia Friendly Vigo

75 empresas turísticas pasaron xa polo programa Galicia Friendly

A formación en inglés a través deste programa continúa esta semana en Santiago, Ourense, Monforte e A Coruña A capacitación termina a finais deste mes de […]