Galicia Calidade

A asociación celebrará en Santiago unha xornada informativa que servirá tamén para entregar os diplomas ás empresas que conseguiron márcaa Calidade Acluxega- Galicia Calidade

O Clúster da Xeotermia Galega celebra o vindeiro venres, 4 de outubro, en Santiago de Compostela unha xornada baixo o título “A Xeotermia e a Calidade. Marca Calidade Acluxega – Galicia Calidade” na que estarán presentes responsables tanto do Clúster da Xeotermia como de Galicia Calidade e representantes de empresas asociadas. A finalidade da xornada é informativa, para promover entre as empresas e interesados as vantaxes e proceso de concesión da “Marca de Calidade Acluxega”, avalada desde o ano 2018 pola Marca Galicia Calidade, permitindo dotar ás instalacións de climatización geotérmica dun selo distintivo de calidade, garantindo o cumprimento duns estándares de calidade que superan os establecidos na normativa vixente.

O obxectivo da xornada é dar a coñecer os requisitos solicitados ás empresas para adherirse a este selo de calidade, posto en marcha de maneira recente para distinguir as instalacións de enerxía geotérmica realizadas por empresas galegas que cumpran os máis altos estándares de calidade, garantía, eficiencia e fiabilidade, a través do emprego dun selo de calidade galego amplamente reconcido como é de Galicia Calidade.

Ademais da presentación da marca e de casos de éxito de empresas adheridas a Acluxega que xa contan con este recoñecemento de calidade, a xornada tamén incluirá un acto de entrega dos diplomas a aquelas novas empresas que superaron a auditoría e que xa poden comezar a empregar a certificación de calidade.

Acluxega agrupa a todas as empresas galegas dedicadas ao mercado da geotermia co obxectivo de potenciar o coñecemento e utilización desta fonte de enerxía renovable en Galicia e España. A Asociación, que na actualidade conta cun total de 48 socios, oriéntase ao desenvolvemento dunha estratexia conxunta dos seus membros centrada na formación e na concienciación, aspirando a converterse nunha referencia no mercado geotérmico galego e nacional.

Para máis información ou incripción nas xornadas: direccion@acluxega.com ou no teléfono 886122895

26 de Setembro de 2019
xornada acluxega

Acluxega aposta pola implantación da marca Galicia Calidade entre as empresas vinculadas ao sector da geotermia galega

A asociación celebrará en Santiago unha xornada informativa que servirá tamén para entregar os diplomas ás empresas que conseguiron márcaa Calidade Acluxega- Galicia Calidade O Clúster […]
22 de Decembro de 2018
finca goleta turismo rural

Conclúe o ano cun total de 44 establecementos turísticos amparados baixo o selo Galicia Calidade Lecer

Desde que Galicia Calidade, a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e/ou servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima […]
23 de Marzo de 2018
galicia calidade lecer

42 establecementos de aloxamento e restauración con selo Galicia Calidade

Nas portas de arranque de Semana Santa, período no que se producirán miles de desprazamentos e no que o turismo arrinca definitivamente a tempada 2018, Galicia […]
25 de Setembro de 2017
O conselleiro de Econom’a, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompa–ado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistir‡ ‡ entrega de diplomas de Galicia Calidade a establecementos tur’sticos.

44 establecementos turísticos galegos reciben as primeiras distincións de Galicia Calidade Lecer

O presidente do CTG tomou parte no acto de entrega, presidido polo conselleiro Economía e Industria e coa participación da Axencia de Turismo de Galicia González […]