O Centro Galego dá Artesanía e do Deseño impulsa a celebración dunhas xornadas profesionais que axuntan artistas e profesionais da restauración galega

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organizan os próximos 1 e 2 de outubro as Primeiras Xornadas Profesionais Artesanía no Prato, unha iniciativa que nace co obxectivo de fortalecer a promoción e comercialización do produto artesanal galego a través dun espazo creativo vinculado coa hostalaría e a restauración. A cita é na Cidade da Cultura, en horario de 11 a 21.30 horas, a través de talleres artesanais que presentarán os seus produtos e dun programa de actividades que lles permitiran coñecer estes produtos e o seu uso na restauración. Ademais, celebraranse cursos de formación da man do artista plástico e fotógrafo portugués José Lourenço, relacionados coa fotografía e a rede social Instagram.

Nesta primeira edición das Xornadas Artesanía no Prato estarán presentes 32 artistas procedentes do catro provincias así como 7 destacados cociñeiros galegos (Pepe Solla, Lucía Frietas, Jorge Gago, Juan Crujeiras, Álvaro Fontes e Diego López) nun evento no que non faltará nin a gastronomía, nin os produtos galegos de calidade nin a música.

28 de Setembro de 2017
Artesania no Prato

Artesanía de Galicia no prato

O Centro Galego dá Artesanía e do Deseño impulsa a celebración dunhas xornadas profesionais que axuntan artistas e profesionais da restauración galega A Consellería de Economía, […]
21 de Setembro de 2017
formacion nuevas tecnologías

Unha trintena de profesionais turísticos de Vigo e Pontevedra amplían a súa formación en inglés e novas tecnoloxías

A través dos programas de formación impulsados polo Clúster Turismo de Galicia que se imparten estes días en ambas as cidades Os cursos, de carácter gratuíto, […]
12 de Setembro de 2017
galicia friendly

Arrinca o programa Galicia Friendly para mellorar as competencias en inglés dos profesionais do sector

Subscrito polas asociacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, a iniciativa alcanzará a 300 empresas de hostalaría que mellorarán as súas competencias neste idioma e […]
17 de Agosto de 2017
coworking turismo y alimentación EOI

A EOI e o IGAPE mentorizarán 22 novas empresas vinculadas ao turismo e a gastronomía en Vilanova de Arousa

A Escola de Organización Industrial (EOI), en colaboración co IGAPE, acaba de pór en marcha un novo espazo de asesoramento empresarial e de coworking para aquelas […]