Alsa difundirá a imaxe do Ano Santo nos seus autocares e ofrecerá aos peregrinos un desconto do 15% nos billetes de volta
A Xunta tamén asinou un convenio con Iberia para vinilar un avión co logo do Xacobeo, así como con Vegalsa-Eroski e con Husqvarna

Iberia e Alsa únense á promoción do próximo Ano Santo a través da firma de senllos convenios que converterán ás dúas firmas en promotoras do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2021. Ambos os acordos fixéronse públicos no marco de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebrou a semana pasada en Madrid.

En virtude do acordo asinado con Alsa, o operador de mobilidade promocionará a imaxe do Xacobeo 2021 nos seus autocares, ademais de ofrecer aos peregrinos un 15% de desconto no seu billete de volta aos seus lugares de orixe. No caso de Iberia, a compañía comprométese a vinilar un avión coa imaxe do Xacobeo 2021 nunha acción que inclúe unha decena de actuacións divulgativas e promocionais vinculadas co próximo Ano Santo, volvendo implicarse na celebración do Ano Santo, tal e como leva facendo desde o Xacobeo 2004.

Finalmente no caso de Vegalsa-Eroski, o convenio asinado supón a inxección dun millón de euros ao Xacobeo mentres que a de Husqvarna suma 550 mil euros ao patrocinio do Ano Santo. Todos estes patrocinios suman un total de 9 millóns de euros para a celebración do próximo Xacobeo.

“O Xacobeo 2021 é un escaparate único para a nosa terra. Estamos ante unha oportunidade excepcional de mostrar nosa mellor versión, e neste obxectivo resulta imprescindible contar co apoio de administracións, asociacións e empresas como Alsa, recoñecida a nivel internacional”, explicou o titular de Cultura e Turismo, a tempo que destacou noutro acto o prestixio e o carácter internacional dunha empresa como Iberia, cuxa implicación permite á Xunta avanzar no proceso de implicar ás empresas e sociedade civil na promoción do próximo Ano Santo.

31 de Xaneiro de 2020
Convenio iberia Xacobeo 2021

En avión e en autobús, a promoción do Xacobeo 2021 vai sobre rodas

Alsa difundirá a imaxe do Ano Santo nos seus autocares e ofrecerá aos peregrinos un desconto do 15% nos billetes de volta A Xunta tamén asinou […]
22 de Xaneiro de 2020
82870227_3146995108662259_6757783354063454208_n

O Camiño e o Xacobeo 2021, grandes protagonistas da presenza de Galicia en Fitur

Desde a Xunta chaman a converter o Xacobeo 2021 na celebración global da mellor Galicia calidade ao longo de cinco xornadas de promoción O espazo galego […]
22 de Xaneiro de 2020
20200123TraspasoEspañaVerde_1

Galicia asume a coordinación da España verde co obxectivo de potenciar o camiño como eixo vertebrador do norte peninsular

A marca turística integrada por Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco traballan para fixar liñas de traballo conxuntas e prioridades entre as que se sitúa a […]
20 de Xaneiro de 2020
Premio Q de Calidad ICTE Madrid 2019

O Clúster de Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística durante a celebración de Fitur

O Clúster Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística concedido polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) durante a celebración de Fitur, […]