Fiestas de Interés Turístico

Co obxectivo de readaptar os programas e medidas postas en marcha por parte da Consellería de Cultura e Turismo para o sector do turismo ante o escenario post covid 19, a Xunta anunciou a súa intención de adoptar fórmulas máis flexibles para axilizar as subvencións e axustar os requisitos e condicións á situación actual. Así pois, reformularanse as achegas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo durante o verán, para as festas de interese turístico e para a mellora de infraestruturas turísticas ou geodestinos.

Trátase dunhas axudas que a Xunta viña convocando anualmente a través de ordes e que pasarán a realizarse a través de convenios individuais para axilizar a súa tramitación, pactar os obxectivos de cada liña adaptándoas a cada caso particular e para evitar que queden partidas sen executar. O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle a resolución a estes efectos, o que permitirá substituír a ferramenta administrativa para que se poidan aplicar as novas partidas orzamentarias o que, en ningún caso, suporá unha supresión das axudas.

Esta medida, que xa foi comunicada por parte do Goberno galego á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), responde á necesidade de adecuar a tramitación destas subvencións ao escenario da crise sanitaria, mantendo as achegas de anos anteriores pero modificando as fórmulas de contratación e o obxecto das mesmas para adecualas á situación dos beneficiarios.

20 de Maio de 2020
Xurés

A Xunta modifica ordes e axudas para o turismo que pasarán a xestionarse a través de convenio individuais para cumprir obxectivos e axudas fronte ao novo escenario post covid-19

Co obxectivo de readaptar os programas e medidas postas en marcha por parte da Consellería de Cultura e Turismo para o sector do turismo ante o […]
26 de Marzo de 2018
Semana Santa Santiago

O Consello Galego de Turismo impulsa a distinción da Semana Santa de Santiago de Compostela como festa de interese turístico

Esta decisión tamén se estende a outras celebracións como a Feira do Butelo da Fonsagrada e a Festa do Caldo de Mourente O Consello Galego do […]
17 de Xuño de 2015

Arde Lucus vuelve a sumergir a Lugo en la época romana

Con una previsión de entre un 80 y 90%de plazas hoteleras ocupadas, el sector tiene buenas previsiones para estas fiestas lucenses Talleres de peinados romanos, fabricación […]
13 de Xaneiro de 2015

La Feria Internacional de Galicia acogerá del 20 al 22 de marzo la nueva edición de Turexpo 2015

Del 20 al 22 de marzo, la en Silleda volverá a acoger Salón turísticoTurexpo, que llega a su quinta edición con la colaboración de la Axencia […]