Máis de 40 turoperadores de 12 países, 45 festas de interese turístico, decenas de casetas de entidades públicas e privadas para dar a coñecer a oferta turística galega, ….o Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia) e a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) celébranse ata o domingo 10 de xuño de forma conxunta e pararela á gran cita anual da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que reúne cada ano a máis de 100 mil visitantes. Un dobre escaparate que ofrece ás empresas turísticas galegas a oportunidade de chegar de forma directa a toda a canle de distribución e tamén aos viaxeiros e na que o Clúster Turismo de Galicia participa cunha caseta informativa que estará aberto ata o domingo para dar a coñecer o obxectivo e as accións nas que traballa esta entidade que aglutina ao sector turístico privado galego.

Un sector que participa na feira a través da súa Bolsa de Contratación, unha plataforma para reunir a emisores e receptores de turismo, que o ano pasado propiciou máis de 2.400 reunións de turoperadores de 10 países a través de encontros agendados segundo a estratexia de cada expositor. Para esta bolsa, na que colabora a Axencia de Turismo de Galica, o Clúster facilitou un total de 10 invitacións para que os seus asociados poidan participar nestes encontros axendados.

O espazo de Turexpo complétase con Festur, unha cita que os visitantes gozan cos cinco sentidos, o que suporá unha interesante oportunidade de promoción para os municipios e entidades promotoras destas festas e na que non faltará un vistoso programa con exhibicións e degustacións das diferentes festas que se darán cita ao longo destes días de promoción.

E todo iso sen esquecer a celebración de Salimat Abanca, coas novidades no ámbito da gastronomía e as bebidas, así como a propia Semana Verde que reúne máis de 200 actividades de todo tipo.

08 de Xuño de 2018
visita stand Turexpo 2018

O Clúster Turismo de Galicia participa na oitava edición de Turexpo

Máis de 40 turoperadores de 12 países, 45 festas de interese turístico, decenas de casetas de entidades públicas e privadas para dar a coñecer a oferta […]
01 de Xuño de 2018
Turexpo 2018

Turexpo celebrará a súa oitava edición coa participación de máis de 40 turoperadores internacionais

A feira sectorial celebrarase do 7 ao 10 de xuño no recinto feiral de Silleda O Salón Turístico de Galicia, Turexpo, volverá abrir as súas portas […]
13 de Xuño de 2016
Turexpo 2016

Turexpo e Festur promoveron a oferta turística galega no marco da Semana Verde de Silleda

O Clúster Turismo de Galicia contou coa súa propia caseta para ofrecer información dos seus asociados A oferta turística galega así como os principais atractivos do […]
16 de Maio de 2016
bolsa contratación Turexpo

Turexpo e Festur celebraranse conxuntamente coa Semana Verde de Silleda do 9 ao 12 de xuño

Turexpo, o Salón Turístico de Galicia, celebrarase conxuntamente no marco da Feira Internacional Semana Verde, que se desenvolverá en Silleda do 9 ao 12 de xuño. […]