PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrela Galicia, 17ºRibeira Sacra, Sorrías Baixas, Revenidas, Festival da Luz e WOS Festival son os 10 encontros que se adheriron a esta convocatoria

A Consellería de Cultura e Educación a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de pór en marcha unha nova iniciativa de apoio aos festivais musicais de verán coa creación da marca Fest Galicia, que contou coa colaboración do propio sector musical galego. Baixo esta marca a Xunta despregará un plan de apoio de carácter transversal a través da Administración autonómica, xa que implica a diferentes departamentos da Xunta, para contribuír á promoción do territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social.

Esta iniciativa bota a andar con 10 festivais de verán, adheridos tras unha convocatoria pública, que funcionan de maneira profesional e que se preocupan por achegar valores engadidos á experiencia musical tanto na súa oferta de actividades como na súa xestión e organización: PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrela Galicia, 17ºRibeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival da Luz e WOS Festival.

No marco deste plan a Consellería impulsará, entre outras accións, estudos de medición de impacto e de retorno directo e indirecto deste tipo de festivais; un manual de boas prácticas que abarca os ámbitos legal, ambiental, laboral etc., co obxectivo de servir de guía para todos os festivais; e un selo de calidade para aqueles eventos que traballen de maneira profesional e sustentable, así como a elaboración dun plan estratéxico xunto ao sector co que xa vén colaborando a través da Asociación de Festivais de Galicia, recentemente constituída.

FEST Galicia vai ser promovida dentro e fóra de Galicia a través dun plan de comunicación que contempla accións a curto, medio e longo prazo, como a realización de presentacións conxuntas baixo este paraugas. Nunha primeira fase, a que corresponde á presente tempada de festivais de verán 2018, a marca terá presenza en todos os eventos adheridos a través dun espazo propio de difusión e sensibilización, así como de campañas, accións e liñas de traballo en diferentes ámbitos, adaptadas especificamente a cada un destes encontros musicais e coa colaboración directa doutros departamentos da Xunta, como a Consellería de Medio Ambiente, a Secretaria Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Turismo de Galicia ou a Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado.

18 de Xuño de 2018
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, presentan a estratexia de marca para os festivais de música galegos, FEST Galicia. Intervirán tamén David Méndez, do Resurrection Fest, e Julio Gómez, do Festival Sinsal. No embarcadoiro do Parque do Lago

Nace a marca Fest Galicia para apoiar os festivais musicais de verán e promover Galicia como destino musical de calidade

PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrela Galicia, 17ºRibeira Sacra, Sorrías Baixas, Revenidas, Festival da Luz e WOS Festival son os 10 encontros […]
23 de Maio de 2018
Asociación Festivales de Música

Oito espectáculos de música únense para constituír a Asociación dos Festivais de Galicia

Co obxectivo de contribuír a profesionalizar o sector, aumentando unha oferta de calidade sustentable coa contorna constituíuse a Asociación de Festivais de Galicia. Oito espectáculos asócianse […]
03 de Agosto de 2017
saved the waves film festival

O Festival de Cinema de Surf máis importante do planeta celebrarase en Valdoviño

En Europa, os emprazamentos para albergar o Save the Waves Filme Festival confirmados en 2017 son Ericeira, Amsterdam e Valdoviño O traballo conxunto do Concello de […]
29 de Marzo de 2017
cabecera_rias_baixas_por_moitas_razons

Seis Camiños, 8+1 festivais, enoturismo e excelencia turística: os eixos do destino Rías Baixas 2017

Baixo a lema “Por moitas razóns” presentouse a nova campaña de promoción turística da Deputación de Pontevedra A sede de Turismo Rías Baixas en Pontevedra acolleu […]