A feira gastronómica superou a ocupación de superficie expositiva doutras edicións e foi maior o éxito de afluencia de público que participou nos seus máis de 150 actividades

Con máis de 25 mil visitantes, sete mil deles profesionais, 289 expositores procedentes de 9 países e máis de 150 actividades, a 21ª edición de Xantar pechou superando as cifras de anteriores edicións. Durante o cinco días de duración da feira , a feira mantivo “nin un metro libre e nin un minuto libre”, como o definía o vicepresidente executivo de Expourense, Jorge Pumar, durante o acto de clausura que pecha con datos que superan as edicións anteriores.

O programa de Actividades de Xantar 2020 programa incluíu exhibicións de cociña en directo na que participaron recoñecidos chefs de España, Portugal, Costa Rica, México, Perú e Chile e nas que se puxeron en valor os produtos autóctonos e de calidade. Outra das actividades que espertaron o interese dos profesionais foron as máis de 30 catas comentadas de produtos como o viño, licores, queixos, mel ou ron panameño. Hai que engadir tamén as máis de 50 degustacións ofrecidas polos expositores como as da raia con queixo e viño de Amandi de Sober, o Botelo do Barco de Valdeorras, por citar algunhas das organizadas para esta xornada de clausura.

Xantar 2020 volveu a contar coa fidelidade dos profesionais do sector e tamén do público xeral procedente tanto de Galicia como de Portugal e de provincias limítrofes, o que cumpre o obxectivo do salón de fomentar o turismo de proximidade a través da gastronomía a través da cooperación transfronteiriza e tamén da iberoamericana. O acto de clausura de hoxe, Día dedicado ao Medio Rural, estivo presidido polo conselleiro desta área, José González, quen destacou o papel que xoga Xantar na “dinamización da economía galega e no impulso internacional de dous sectores vitais para Galicia como son o agroalimentario e o hostaleiro e turístico.

Esta última xornada foi tamén a dedicada aos concellos de Castro Caldelas e Sober, ambos na Ribeira Sacra, a protagonista destacada desta edición. O presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e alcalde de Sober, Luís Guitián, agradeceu a Xantar á única candidatura que presentará España en 2021 a Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO. Tamén se celebrou o día dedicado ao Barco de Valdeorras cuxo alcalde, Alfredo García, destacou que “o turismo ten que converterse nun recurso importante para os nosos territorios. Temos que aprender a vivir, tamén, do turismo”.

Durante este acto de clausura foron entregados tamén, como é habitual xa desde hai 8 anos, os premios do Concurso Xantar Gourmet Grupo Cuevas nas categorías de profesional, semiprofesional e afeccionado. Tiveron que realizar receitas que incluísen varios produtos gourmet galegos como a castaña.

10 de Febreiro de 2020
xantar 2020

Xantar 2020 pecha cun maior número de expositores, superficie ocupada e visitas

A feira gastronómica superou a ocupación de superficie expositiva doutras edicións e foi maior o éxito de afluencia de público que participou nos seus máis de […]
05 de Febreiro de 2020
Presentación Xantar 2020

Xantar 2020 destaca o papel da enogastronomía na dinamización da contorna rural

Esta cita internacional apoia a Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO Presenta máis de 150 experiencias entre as que destacan os showcookings que […]
31 de Xaneiro de 2020
Convenio iberia Xacobeo 2021

En avión e en autobús, a promoción do Xacobeo 2021 vai sobre rodas

Alsa difundirá a imaxe do Ano Santo nos seus autocares e ofrecerá aos peregrinos un desconto do 15% nos billetes de volta A Xunta tamén asinou […]
30 de Xaneiro de 2020
mISIÓN COMERCIAL ITB Berlin

Nova misión comercial galega á ITB Berlin

O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo ITB Berlín, que terá lugar do 4 ao 8 […]