A Federación de Hostalaría de Pontevedra (Feprohos) asinou un acordo de colaboración coa ONG “Hoxe por Ti”, presidida polo actor Antonio Durán ?Morris?, mediante o que os establecementos hostaleiros da cidade de Vigo asociados poderán ofrecer -dentro das súas posibilidades e altruistamente- os seus menús, almorzos, comidas, etc. a aquelas persoas e/ou familias usuarias da Rede de Servizos Solidarios coordinados por esta ONG. Estas persoas atópanse nunha situación eventual de pobreza, “derivada da crise económica sufrida ao longo destes anos”, indican desde Feprohos. Por iso, con esta iniciativa “preténdese que este colectivo poida acudir aos establecementos solidarios e sentirse como un cliente máis”.

“Hoxe por ti” conta cunha ampla rede de restaurantes, bares e taperías colaboradores baixo o nome “Rede Hostalaría Solidaria”: Cosmos, Lume de Carozo, Hotel Princesa, Papos, Fai Bistes, Mesón Compostela, Tagliatella, Mochi, La Comidilla, Estrella Galicia, Cafetería El Corte Inglés, La Mina y El Castro, aos que xa se poden sumar a través deste acordo a Cafetería A Lenda, Albatros Lounge Bar, Asador Fontefría, Taperia O Ben Feito, Café El Cafetal, Restaurante Casavella, Restaurante Cielito Lindo, Restaurante Coto del Águila, Catering Don Pepe, Cafetería Frigoríficos del Vigo, Vegetariano Gálgala, Kastami´s, La Cantina del Puerto, Restaurante María Manuela, Tapería Picadillo, Tapería Pico Fino, Pigmalion Tavern, Polbo Bar, Hamburguesería Artesana Puerta Elvira, Restaurante Casa Soutomayor, Tapería Taberna da Crise, Taquería Sierra Madre, Trepia Gastronomia, La Sabrosa, El Amante, Años 80 e Pura y Concha.

15 de Marzo de 2019
Acuerdo Feprohos Hoy por ti

Acordo solidario dos hostaleiros vigueses

A Federación de Hostalaría de Pontevedra (Feprohos) asinou un acordo de colaboración coa ONG “Hoxe por Ti”, presidida polo actor Antonio Durán ?Morris?, mediante o que […]
14 de Marzo de 2019
workshop

Workshop en Baiona para o sector turístico de Pontevedra

Viajes Grupo Europa, en colaboración con hostalaría de Pontevedra (FEPROHOS) e hospedaxe de Pontevedra (ASEHOSPO) organizan o vindeiro sábado, 23 de marzo, un workshop no Parador […]
12 de Xuño de 2018
mesaturismojunio

A Deputación de Pontevedra incluirá ao sector privado nas súas próximas accións de promoción

A institución provincial avanzou que as próximas citas de promoción turística serán en Barcelona e Lisboa Baixo as máximas de consenso e unanimidade quedou constituída a […]
24 de Abril de 2018
Cartel_FVR_2018

A Federación de Hostalaría de Pontevedra impulsa a promoción da Feira do Viño do Ribeiro

En virtude dun convenio asinado entre a Federación Provincial de Hostalaría de Pontevedra (FEPROHOS) e o concello de Ribadavia, Feprohos comprométese a levar adiante unha campaña […]