Feira do Viño do Ribeiro

O encontro, que se celebra os días 3, 4 e 5 de maio ábrese a distribuidores e ao enoturismo

Unha das celebracións máis antigas de Galicia, a Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, conta as horas para o arranque da súa nova edición, que terá lugar os próximos días 3, 4 e 5 de maio de 2019, no recinto da Alameda, en Ribadavia. Esta edición coa participación de 38 expositores, dous máis que o ano pasado, e tamén con algunhas novidades, entre as que destaca o RibeiroBUS.

O programa inclúe, ademais, talleres de cociña coa participación de destacados chefs como Lucía Freitas ou Alén Tarrío, profesionais da sumillería como Guillermo Cruz, distinguido como Mellor Catador de España en 2014, así como actuacións musicais e visitas guiadas pola contorna.

Viño e turismo volveranse a dar a man nesta celebración que ten aos viños do Ribeiro como protagonistas. Uns viños fortemente vinculados co territorio e cunha presenza cada vez maior no mercado, o que lles fixo merecedores de converterse nun referente fundamental do destino nunha cita moi consolidada que serve para “mellorar e dignificar o viño do Ribeiro”, tal e como expressaba o alcalde de Ribadavia, José Ignacio Gómez.

CRDO Ribeiro, Juan Casares, mencionaba que “sempre hai innovacións no programa de actividades da FVR, como o RibeiroBUS turístico, principal novidade nesta edición”. Tamén destacou que a Feira do Viño do Ribeiro debe ser unha festa de reivindicación do Ribeiro, para conseguir atraer a xente á zona para que a coñezan e consuman o viño alí, no propio territorio, porque non vai saber igual que se o beben noutro lugar.

Pódese consultar todo o programa e as actividades na web do evento www.feiravinoribeiro.com

30 de Abril de 2019
feira do viño 2019 con logos cartel din A3.cdr

Conta atrás para a Feira do Viño do Ribeiro

O encontro, que se celebra os días 3, 4 e 5 de maio ábrese a distribuidores e ao enoturismo Unha das celebracións máis antigas de Galicia, […]
24 de Abril de 2018
Cartel_FVR_2018

A Federación de Hostalaría de Pontevedra impulsa a promoción da Feira do Viño do Ribeiro

En virtude dun convenio asinado entre a Federación Provincial de Hostalaría de Pontevedra (FEPROHOS) e o concello de Ribadavia, Feprohos comprométese a levar adiante unha campaña […]
26 de Abril de 2016
programa_FVR_2016_ext

RibeiroRisas para comezar unha nova edición da Feira do Viño do Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro comeza a celebración da súa 53ª edición este vienres cunha xornada moi especial na que se combinará o viño co […]
05 de Abril de 2016
040416_CartelFVR2016

A Feira do Viño do Ribeiro presenta cartel e actividades

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano terá lugar entre o 29 de abril e o 1 de maio, deu a coñecer tanto o seu […]