Segundo indica o último informe de Exceltur sobre evolución do trimestre e perspectivas para a tempada estival en España, continúa o proceso de consolidación dos escenarios diverxentes con dous grandes Españas turísticas: a do interior e o turismo en cidades, cuxo repunte segue en alza, cun maior gasto en destino, e a caída moderada pero continuada dos destinos de costa, especialmente os máis turoperizados e dependentes do mercado estranxeiro, como son Canarias ou Baleares, que acusan caídas graduais e cada día máis estruturais desde o 2018, que esixen actuacións máis decidido para revertelas. De feito, durante o segundo trimestre do ano a caída foi superior ao 9% en Murcia, ao 6% en Valencia e Cataluña e ao 3% en Canarias. Os datos foron positivos (8,6%) nos destinos de interior e a España Verde, motivados polo aumento do turismo urbano, a celebración de eventos e o goce de experiencias culturais e o turismo de negocios.

Con todo, e en xeral, os empresarios turísticos esperan aumentar lixeiramente os niveis do verán 2018 polas boas expectativas para os destinos vacacionais máis dependentes da demanda española. Iso si, en base aos datos do informe de Exceltur constátase a desaceleración da actividade en España, que levará ao PIB turístico a crecer un 1,6% no conxunto de 2019, por baixo da taxa do 2,4% prevista para o conxunto da economía.

O documento tamén incide en que Cataluña, Asturias e Galicia son os destinos de costa con mellores expectativas para este verán. O informe de Exceltur revela que case un 40% dos empresarios destas comunidades prevén mellorar os seus resultados con respecto ao mesmo período do ano anterior. O documento tamén reflicte un incremento notable da demanda noutros destinos do norte do país, como Castela León e Navarra, e nas grandes cidades, como Madrid, Barcelona e Valencia.

Ante estes datos e o comezo de lexislatura, a patronal do sector turístico inclúe no informe unha serie de reflexións sobre política turística e recomendacións así com o decálogo de politicas e inciativas turisticas a nivel rexional/local para a lexislatura (2019- 2023)

17 de Xullo de 2019
informe exceltur verano 19

Galicia, Asturias e Cataluña, os destinos de costa con maior demanda para este verán

Segundo indica o último informe de Exceltur sobre evolución do trimestre e perspectivas para a tempada estival en España, continúa o proceso de consolidación dos escenarios […]
27 de Xuño de 2019
20190621TurismoMaio

Galicia mellora competitividade e crecemento con bos resultados acumulados no cinco primeiros meses do ano en viaxeiros e pernoitas hoteleiras

Xunto con Murcia foi o territorio con mellor comportamento no mes de maio, cun crecemento superior á media do conxunto de España Por quinto mes Galicia […]
21 de Marzo de 2019
Monitur portada

Galicia mellora no ranking de competitividade turística elaborado por Exceltur

O informe sobre competitividade das comunidades autónomas pon o foco na falta de compromiso político cun sector económico fundamental para o país O cambio de ciclo […]
28 de Febreiro de 2019
barometro Exceltuir

Balance turístico das cidades e destinos vacacionais de Exceltur en 2018

A análise levada a cabo por Exceltur aos 106 principais destinos españois confirma o peche dun ano 2018 no que se experimentou unha retardación xeneralizada no […]