Os conselleiros de Medio Rural, Economía, Emprego e Industria e de Cultura e Turismo reuníronse cos representantes dos consellos reguladores vinícolas e das Rutas do Viño

A Xunta consensúa co sector os obxectivos para avanzar no plan de dinamización territorial do cinco denominacións de orixe do viño. Baixo a máxima da cooperación entre administracións e co sector turístico, o obxectivo que se persegue é mellorar o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto, impulsado a oferta turística nas zonas de produción a través do futuro Plan estratéxico de dinamización territorial do cinco denominacións de orixe de viño de Galicia.

No encontro, no que tamén estivo presente o Clúster Turismo de Galicia, se insitió na necesidade de realizar un maior aproveitamento dos recursos do territorio como clave para dinamizar os espazos rurais.?Galicia é coñecida pola súa gastronomía e vinculala ao seu territorio é fundamental para impulsar economicamente esas zonas?, destacou o conselleiro de Medio Rural, José González, quen lembrou que o sector do viño implica a máis de 13.000 viticultores e máis de 460 adegas que producen un valor estimado de máis de 206 millóns de euros no mercado, ademais de ser o sector máis exportador da economía galega, segundo indicou tamén o conselleiro de Economía, Francisco Conde.

Neste ámbito, lembrou que até o próximo 16 de maio está aberta a primeira convocatoria da Business Factory Food, a aceleradora do sector agroalimentario que busca impulsar novos proxectos que acheguen ideas innovadoras a este ámbito.

Estratexia Galicia Sabe

Para conseguir eses fins, o plan vai desenvolver unha serie de actuacións que se basean na elaboración de indicadores socioeconómicos, desde os demográficos até os relacionados co emprego ou o valor engadido, entre outros. Tamén se fará un estudo da cadea de valor do viño e do sector turístico, así como unha análise pormenorizada do patrimonio natural, cultural e paisaxístico.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura e Turismo fixo fincapé na Estratexia Galicia Sabe, unha nova folla de ruta que axudará a definir prioridades e a planificar a actividade deste tipo de turismo no próximos catro anos. O obxectivo é impulsar un modelo de desenvolvemento sustentable e responsable a través de cinco liñas estratéxicas. Entre elas, atópase o recoñecemento e protección á cultura gastronómica de Galicia; a estimulación do coñecemento, a formación e o I+D+i; o impulso de produtos e liñas de traballo de turismo enogastronómico; a renovación da mercadotecnia e a comunicación; e a creación dun modelo de gobernanza.

En definitiva, como destacou Román Rodríguez, Galicia Sabe facilitará a aproximación entre o sector primario e o turismo e servirá tamén para potenciar o turismo rural cun modelo desestacionalizado e comprometido co medio ambiente e o territorio.

19 de Abril de 2019
Viñedos Ribeira Sacra Miño Cabo do Mundo

A Xunta avanza no plan de dinamizador para o sector enoturístico galego

Os conselleiros de Medio Rural, Economía, Emprego e Industria e de Cultura e Turismo reuníronse cos representantes dos consellos reguladores vinícolas e das Rutas do Viño […]
26 de Marzo de 2019
presentacion-actividades-ruta-vino-ribeiro

O Ribeiro aposta por promocionar o territorio coa campaña “O Camiño do Viño. Ruta do Viño do Ribeiro”

Catro institucións, Deputación de Ourense, Consello Regulador, Ruta do Viño e geodestino do Ribeiro puxeron en marcha unha campaña co obxectivo principal de promocionar o territorio […]
12 de Decembro de 2018
enoturismo navidad

Enoturismo como agasallo de Nadal

Co obxectivo de seguir apostando por iniciativas encamiñadas á desestacionalización do turismo, a Deputación de Pontevedra e a Ruta do Viño Rías Baixas uníronse para promover […]
24 de Outubro de 2018
Premios Enoturismo Vinos de España logo

Tres asociados da Ruta do Viño Rías Baixas, recoñecidos nos Premios de Enoturismo Rutas do Viño de España 2018

Tres asociados da Ruta do Viño Rías Baixas, integrada no Club de Produto das Rutas do Viño de España, foron galardoados nos Premios de Enoturismo Rutas […]