Destino Golf

Despois de dous anos sen celebrarse unha proba do Circuíto de golf senior Turismo de Galicia no Principado, o Real club de Golf de Castiello foi o escenario onde 99 xogadores sénior batéronse o cobre para conseguir unha praza para a gran final na Ribeira Sacra.
Antonio Mortera foi o gañador absoluto categoría Scratch con 31 puntos, seguido en segundo lugar por José Luís Custa con 27 puntos. O gañador Hándicap foi Manuel Moreno con 40 puntos stableford, seguido por José Miguel Luengo cun resultado de 38 puntos. En categoría de Damas, a mellor foi Belén Rodriguez-Verela con 36 puntos, A gañadora da categoría master sénior (xogador de máis de 70 anos) foi Edelmira Viñes con 35 puntos. Os gañadores disputarán a final o 24 e 25 de setembro no campo do hotel Balneario Oca Augas Santas en Patón (Lugo).
En canto aos premios especiais, o mellor drive, premio Martin Códax, o de damas gañouno Mayuti Palacio e o de cabaleiros conseguiuno o gañador Scratch Antonio Mortera. A bóla máis próxima no foxo 4, premio Viña Farnadas adxudicoullo Javier Pedra e Yolanda González gañou o premio Aceites Abril á bóla máis próxima no foxo 9 .O premio forrabolas xentileza do Hotel Rua Villar e Real Aeroclub de Santiago foi para o penúltimo clasificado hándicap Antonio Illescas. A continuación celebrouse un gran sorteo de agasallos cedidos polos colaboradores, consistente en lotes de produtos, estancias e green fees de Galicia..

25 de Xullo de 2019
golf

Asturias colleu a última proba clasificatoria do VIII Circuíto de golf senior Turismo de Galicia

Despois de dous anos sen celebrarse unha proba do Circuíto de golf senior Turismo de Galicia no Principado, o Real club de Golf de Castiello foi […]
27 de Abril de 2019
Golf, Destino Golf Galicia

Excelente comezo do VIII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia en Valencia

O Parador do Saler acolleu o arranque desta proba coa participación dun cento de xogadores O campo do Saler, en Valencia, acolleu a primeira etapa de […]