Deputación de Pontevedra

Tres semanas despois da toma de posesión, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, convocou ás alcaldesas e alcaldes dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes no Salón de Plenos do Pazo Provincial para presentarlles as grandes liñas que marcarán o seu mandato e apelar á súa colaboración: “a provincia temos que construila entre todas e todos”

Os principais eixos de acción que serán transversais a toda a política do goberno, sendo tamén os obxectivos dos proxectos que se desenvolverán cos concellos, son a sustentabilidade cara á transición ecolóxica, a axenda urbana, máis dereitos e máis equidade, a axenda dixital e a innovación.

En canto ao Turismo, neste mandato afrontaranse catro grandes retos: un modelo sostible; o posicionamento do destino en base aos valores de marca (sustentabilidade, autenticidade, excelencia, atemporalidade e internacionalidade); o compromiso coa excelencia e a Implantación dunha xestión intelixente.

Ampliarase a rede de oficinas de Rías Baixas e a rede de oficinas municipais da DEPO converteranse en espazos modernizados con TIC,s.  Elaboraranse materiais promocionais con información actualizada e utilizaranse outras novas ferramentas de promoción grazas ao programa ‘Tourist Inside Rías Baixas’, como os tótems multimedia que se instalarán “en enclaves turísticos para obter información acerca do perfil das persoas visitantes”.

Recalcou tamén Carmela Silva que a web de Turismo Rías Baixas prestará especial atención á información e promoción turística dos concellos, así como se trasladará a todos eles o asesoramento necesario para ser un territorio intelixente a nivel turístico.

En canto ao eixo da sustentabilidade, desenvolveranse campañas cos concellos que desexen adherirse e impulsarase un acordo municipal de fomento do turismo ambientalmente responsable.

A presidenta confirmou que a Deputación de Pontevedra continuará a colaborar cos pequenos concellos na obtención da Q de calidade e daralles máis papel na Mesa Provincial do Turismo.

“Impulsaremos tamén o programa de emprendemento Turistic, dixo Silva, e no marco da Mesa do Camiño traballaremos nun informe de situación dos Camiños que transcorren pola provincia para garantir a súa seguridade e accesibilidade de cara ao Xacobeo 2021”.

 

06 de Agosto de 2019
reunion-cos-concellos-02

Un modelo sostible, posicionado en base ós seus valores de marca, excelente e intelixente, son os retos que Carmela Silva afronta neste mandato en materia de turismo.

Tres semanas despois da toma de posesión, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, convocou ás alcaldesas e alcaldes dos 59 concellos de menos de […]
22 de Abril de 2019
rio miño. Prestanción marca

Río Miño, a marca turística para promover o turismo transfronteirizo

Nace a identidade para o territorio transfronteirizo que une 26 municipios Co obxectivo de axuntar sinerxías e traballar desde un e outro lado da beira do […]
12 de Abril de 2019
Jorrnada TurisTIC 2019

O turismo intelixente, a innovación e o talento convértense nos protagonistas das II Xornadas TurisTIC en Vigo

Unha simulación de xogo turístico, gañador do hackathon organizado en en o marco da xornada Máis de 200 persoas déronse cita no Verbum de Vigo nas II […]
04 de Abril de 2019
Hackathon, Destinno, Jornada TurisTIC

Deputación de Pontevedra e Minube organizará o Desafío hackathon: DESTInno na II Xornada TurisTIC que se celebrará en Vigo

Os participantes colaboran creando ideas de desenvolvemento tecnolóxico e poderán obter premios de máis de 4.500 euros entre os grupos gañadores Deputación de Pontevedra e Minube, […]