A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, informou dende Valdoviño – A Coruña – sobre as novidades da regulación para este tipo de aloxamentos, que “destaca pola súa simplificación e claridade de criterios” para os cámpings de Galicia.

Nova clasificación por estrelas

Entre as principais novidades salienta a nova clasificación por estrelas en cinco categorías, adaptando a súa regulación a unha tendencia estendida noutras comunidades autónomas e outros países da Unión Europea e substituíndo a anterior clasificación que os identificaba como superior, primeiro e segundo.

Segundo os criterios que establece o decreto, os cámpings con maior número de estrelas deberán ofertar equipamentos como piscina exterior, parque infantil, salón de lecer ou xogos, lavadoras e lavalouzas ou servizos como restaurante, cafetería, supermercado, programas de animación ou servizos de gardería, entre outros. Como novidade, os requisitos de clasificación fixaranse agora en función do número de prazas e non de parcelas, como se facía ata o momento. Dende a Xunta aclaran que “os servizos do cámping estarán mellor dimensionados tendo en conta o número de usuarios ao ser unha correspondencia máis exacta.”

Para o proceso de adaptación á clasificación por estrelas, a normativa fixa un prazo de cinco anos para os cámpings actuais, salvo no caso daqueles que pretendan un cambio de categoría ou realizar obras substanciais de ampliación ou rehabilitación que afecten á súa clasificación, que si terán a obriga de adaptarse agora.

Tres áreas de especialización

Ademáis da clasificación por estrelas, os campings galegos poderán especializarse en tres áreas. Ao actual distintivo de camping de turismo verde únense agora as figuras de campings de turismo temático (deportivo, cultural…) así como a especialización dos cámpings en exclusiva para caravanas e autocaravanas.

Outra das novidades da normativa é a posibilidade de que as instalacións estables dos campamentos, como cabanas ou bungalós, poidan ser comercializados por intermediarios como turoperadores.

O decreto repercutirá directamente nos máis de 120 cámpings dados de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT), que suman máis de 34.000 prazas. Este tipo de turismo en cámpings consolídase na nosa Comunidade. Representa o 9,3% da demanda turística en Galicia e este ano medra a un ritmo do 33% en número de viaxeiros.

22 de Agosto de 2019
Nava Castro_camping

Clasificación por estrelas e novas áreas de especialización no novo decreto para a regularización dos campings galegos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, informou dende Valdoviño – A Coruña – sobre as novidades da regulación para este tipo de aloxamentos, que […]
22 de Maio de 2018
viviendas

O decreto de vivendas de uso turístico cumpre o seu primeiro ano en vigor coa regularización de máis de 5400 vivendas de uso turístico

O sector turístico considera que o decreto está a cumprir o seu obxectivo de introducir esta modalidade de aloxamento na oferta turística regulada O decreto de […]
21 de Febreiro de 2018
apartamento-turístico

O TSXG avala o decreto de vivendas de uso turístico

O decreto de vivendas de uso turístico de Galicia ordena e non restrinxe a competencia. Así o avala o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que […]
27 de Xaneiro de 2017
viviendas

Satisfacción no Clúster Turismo de Galicia pola aprobación do Decreto de Regulación das Vivendas de Uso Turístico

A norma inclúe, ademais, modificacións na regulación dos apartamentos e vivendas turísticas O Clúster Turismo de Galicia como entidade que agrupa ao 95% do sector turístico […]