Costa das Ondas

O Antigo Hospicio de Ferrol o xoves 30 de novembro o primeiro Workshop de Costa das Ondas, unha iniciativa impulsada co obxectivo de servir de punto de encontro profesional para todas as empresas vinculadas ao sector do surf e, especialmente, para aquelas asociadas a Costa das Ondas, o produto turístico de surf do destino de Ferrolterra que impulsa a Mancomunidade co apoio da Xunta e a Deputación.
O evento dará comezo ás 16:00h e contará coa presenza de personalidades do sector turístico que abordarán a importancia da profesionalización do sector e a creación de sinerxías para o desenvolvemento local. A continuación dará comezo o workshop onde as empresas participarán en pequenas reunións co fin de crear relacións que impulsen a competitividade das empresas turísticas e do conxunto do sector empresarial do territorio.
Ao encontro están chamadas a participar todo tipo de empresas relacionadas coa práctica do surf e o turismo activo e de natureza, desde axencias de viaxes a escolas de surf, pasando por negocios de restauración, surf houses, hoteis e casas rurais, tendas de material de surf, empresas de fotografía, imaxe, deseño gráfico e webs, así como xestores de contidos e de redes sociais.A xornada contará coa participación dun representante do Clúster de Turismo de Galicia e de empresas como Abanca, Turvegal ou Pantín Surf Camp, entre outras. A inscripcion é gratuíta e pódese formalizar na web de Costa das Ondas.

27 de Novembro de 2017
workshop Costa das Ondas

Costa das Ondas organiza un taller para impulsar o turismo de surf na comarca

O Antigo Hospicio de Ferrol o xoves 30 de novembro o primeiro Workshop de Costa das Ondas, unha iniciativa impulsada co obxectivo de servir de punto […]
03 de Agosto de 2017
saved the waves film festival

O Festival de Cinema de Surf máis importante do planeta celebrarase en Valdoviño

En Europa, os emprazamentos para albergar o Save the Waves Filme Festival confirmados en 2017 son Ericeira, Amsterdam e Valdoviño O traballo conxunto do Concello de […]