Consellería de Cultura e Turismo

Os interesados dos ámbitos sanitario e sociosanitario poderán pedilo até o 30 de novembro e a súa concesión realizarase por orde de inscrición e até esgotar os fondos asignados, 5 millóns de euros.

Unha vez concedido, os beneficiarios recibirán un cartón prepago de Abanca con 250 euros que poderán empregar até o 13 de decembro nas empresas ou produtos turísticos adheridos

O Diario Oficial de Galicia recolle a publicación das condicións e prazo de solicitude dos beneficiarios potenciais do Bono Turístico, unha acción impulsada a iniciativa do Clúster Turismo de Galicia, dotada con 5 M€ que busca inxectar liquidez nas empresas desta industria, fomentar o turismo interno, incentivar o consumo e impulsar a recuperación da economía e do tecido empresarial da Comunidade ante a crise da covid-19. Os interesados poderán presentar a súa solicitude de maneira voluntaria na sede electrónica até o 30 de novembro e a súa concesión realizarase por orde de inscrición até esgotar o crédito correspondente.

A Xunta prevé que a iniciativa chegará a preto de 20.000 empregados dos sectores sanitario e sociosanitario que traballaron en primeira liña na loita contra a covid-19. Todos aqueles que resulten beneficiarios recibirán un cartón prepago de Abanca con 250?, de carácter nominativo, que poderá ser utilizada nos establecementos ou produtos turísticos adheridos a este programa até o 13 de decembro, co obxectivo de favorecer a recuperación e reactivación do sector turístico de maneira inmediata e até finais de 2020.

Cando a persoa solicitante resulte beneficiaria do Bono Turístico e unha vez que Abanca reciba a confirmación dos adxudicatarios, procederá á estampación do cartón e xestión do seu envío nun prazo máximo de sete días hábiles. Con todo, a entidade bancaria habilitará un teléfono de soporte operativo no que proporcionarán información adicional sobre condicións operativas do cartón e axuda en caso de perda ou roubo.

Ampla oferta de servizos
Os beneficiarios poderán consultar a oferta de produtos e servizos incluídos no Bono Turístico a través da web de Turismo de Galicia. En concreto, solicitaron a súa adhesión a este programa máis de 250 establecementos de aloxamento e axencias de viaxe entre os que se atopa a práctica totalidade dos Paradores da nosa Comunidade, hoteis de cinco e catro estrelas e máis de medio centenar de axencias de viaxe.

Tamén figuran máis dunha vintena de establecementos de turismo rural, balnearios e outros emprazamentos singulares como faros, pazos ou semáforos marítimos, conformando unha oferta de calidade e sustentable baseada nalgúns dos principais valores do modelo turístico galego, como son a enogastronomía, a paisaxe ou o termalismo.

Entre as opcións que ofertarán aos beneficiarios destacan produtos turísticos ou experiencias que ofrecen un desconto mínimo do 15% sobre o prezo común do servizo, sumando así unha bonificación por parte do propio sector, e compren coas medidas hixiénico-sanitarias adecuadas para garantir a seguridade de traballadores e usuarios.

28 de Xullo de 2020
bono turístico

Aberto o prazo de solicitude para os beneficiarios do bono turístico

Os interesados dos ámbitos sanitario e sociosanitario poderán pedilo até o 30 de novembro e a súa concesión realizarase por orde de inscrición e até esgotar […]
23 de Xullo de 2020
2020-07-22 Portada GaliciaTurismoRural.es

Galiciaturismorural.es renova a web incorporando un motor de reserva para mostrar a oferta do turismo rural de Galicia

Froito do convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) xa é posible realizar reservas directas en establecementos […]
06 de Xullo de 2020
13,00 h.-    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a presidenta da Asociación de Organizadores Profesionales de Congresos de Galicia, Ana Trevisani, asinarán un convenio de colaboración. No hall de tirantes (Monte Gaiás, s/n).
foto xoán crespo
06/07/2020

A Xunta e o sector MICE colaboran para impulsar Galicia como destino de turismo de congresos

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a presidenta de OPC Galicia, Ana Trevisani, asinaron un acordo por 200.000 euros no marco do Plan […]
02 de Xullo de 2020
bonoturistico

Aberto prazo de inscrición para as empresas turísticas que desexen adherirse ao Bono Turístico #QuedamosenGalicia

Aloxamentos turísticos e axencias de viaxes galegas inscritas no REAT poden sumarse a esta iniciativa conxunta da Xunta e Clúster Turismo de Galicia para reactivar o […]