Consellería Cultura y Turismo

Os asistentes reciben de maneira participativa as ferramentas necesarias para ofrecer un servizo de calidade aos viaxeiros e peregrinos

A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Axénciaa Turismo de Galicia, está desarrolando talleres formativos sobre as oportunidades empresariais na atención aos peregrinos en diferentes geodestinos e concellos vinculados co Camiño de Santiago coa intención de ofrecer as ferramentas necesarias para un servizo de calidade.

Portomarín e Fisterra xa acolleron estes talleres, que continuarán durante o primeiro trimestre de 2019 e nos que poderán participar todos os profesionais que de maneira directa e indirecta estean en contacto ou dean servizo a turistas e peregrinos. Inclúense tanto persoal de servizos hostaleiros como profesionais de servizos vinculados ao turismo, transporte, guías turísticos ou persoal de oficinas de información turística, entre outros.

Os asistentes ás xornadas de sensibilización e capacitación recibirán e abordarán de maneira participativa formación teórico-práctica sobre a prestación de servizos e as normas básicas de atención aos viaxeiros, boas prácticas na atención ao cliente, elementos que interveñen na experiencia turística, importancia da imaxe da contorna, do negocio e persoal ou sobre a xestión e tratamento de queixas e reclamacións.

Calendario continuará no primeiro trimestre
Con este taller formativo, a Consellería de Cultura e Turismo continúa profundando na calidade da atención aos viaxeiros que se achegan a Galicia. Os interesados en participar poderán enviar un correo electrónico a registro@dosespacios.com ou chamar ao teléfono 698 795 875. O calendario dos talleres continuará durante o primeiro trimestre de 2019 en diferentes concellos e geodestinos. As datas estarán dispoñibles na web www.turismo.gal.

09 de Xaneiro de 2019
Plan de formación 2017

Cultura e Turismo pon en marcha talleres formativos para profundar nas oportunidades empresariais na atención ao peregrino

Os asistentes reciben de maneira participativa as ferramentas necesarias para ofrecer un servizo de calidade aos viaxeiros e peregrinos A Consellería de Cultura e Turismo, a […]
06 de Novembro de 2018
10,00 h.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, comparecerá por petición propia para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento. No Pazo do Hórreo.

foto xoán crespo
06/11/2018

Román Rodríguez explicita os eixos de desenvolvemento do programa da Consellería de Cultura e Turismo para o próximo ano

Baixo o escenario do Xacobeo 2021, o conselleiro esbozou as principais liñas de actuación para o desenvolvemento da cultura e o turismo galegos, que identificou como […]
25 de Outubro de 2018
turismo-galicia-combarro-verano

Os orzamentos que propón a Xunta para 2019 inclúen un incremento de 4,3 millóns na partida destinada a Turismo

A nova Consellería de Cultura e Turismo inclúe na súa proposta de orzamentos para o próximo ano, un incremento na partida de turismo, convertido hoxe en […]