HomeAway lanza a oitava edición do seu concurso para atopar as Marabillas Rurais de España a partir de 20 candidaturas entre as que se atopa Tui, en Pontevedra. O obxectivo da iniciativa é “seguir impulsando o turismo rural, non só entre os viaxeiros españois senón tamén entre os viaxeiros de todo o mundo baixo o firme compromiso de apoiar e dar visibilidade aos pobos españois que normalmente contan con recursos de promoción limitados”, explicou Juan Carlos Fernández, director rexional do Sur de Europa de HomeAway.

O centro e o sur volven ser as rexións con maior número de candidaturas, especialmente Andalucía e Castela e León, seguida de Castela-A Mancha e Estremadura. Galicia participa coa localidade pontevedresa de Tui. Para participar soamente hai que acceder a través da páxina web habilitada para o concurso desde o 25 de setembro de 2019 até o próximo 17 de outubro de 2019, logo descubriranse o Sete Marabillas Rurais de España.

08 de Outubro de 2019
maravillas rurales homeaway

Tui, entre as candidatas ás 7 Marabillas Rurais de España 2019

HomeAway lanza a oitava edición do seu concurso para atopar as Marabillas Rurais de España a partir de 20 candidaturas entre as que se atopa Tui, […]
15 de Maio de 2019
Turismo familiar HomeAway

Dous destinos galegos entre os candidatos a converterse nos Destinos Family-Friendly 2019 de HomeAway

18 localidades participan na final desta iniciativa, na que os usuarios da plataforma de aluguer vacacional teñen a última palabra Por segundo ano consecutivo a plataforma […]
07 de Xaneiro de 2019
turismoactivo2

O Clúster de Turismo de Galicia presenta o produto Galicia Destino Activo ao XXIV Concurso de Turismo Activo de Fitur

Este concurso ten por finalidade potenciar o desenvolvemento e a comercialización da industria turística e proxectar os produtos de maior calidade no marco do turismo activo. […]
21 de Abril de 2016
imagotipo_turismo_galicia1

O Clúster de Turismo lanza o seu concurso de ideas para executar proxectos turísticos conxuntos en 2016

Os proxectos deberán ser presentados antes do 20 de maio para o seu desenvolvemento por parte do Clúster Turismo de Galicia antes de novembro de 2016 […]