Concurso de Tapas

Esta semana remata a Volta Ciclista a España na que a gastronomía lucense ha volto a estar presente a través do posto E para comer, Lugo

Até finais de setembro desenvólvese o concurso anual de tapas coa participación de 47 locais

Un ano máis a gastronomía lucense e especialmente a das pequenas creacións en formato tapa volve ter un gran protagonismo en setembro tanto a través do posto ambulante que acompañou a caravana da Volta Ciclista durante todo o seu periplo como coa posta en marcha dunha nova edición do Concurso de Tapas de Lugo, que chega á súa quinta edición impulsada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl). En ambos os casos o presidente da entidade, Cheché Real destacou a importancia de dar a coñecer a calidade dos produtos e da gastronomía da provincia e enviando unha mensaxe de vinculación de calidade coa oferta turística lucense.

No caso da Volta, esta é xa a oitava ocasión na que a APEHL participa vinculado os produtos lucenses cun evento que supón un escaparate para a provincia e para Galicia. Segundo Real, “son moitas as persoas que eloxian a calidade, a frescura e a variedade dos produtos ofrecidos”, unha veitena nesta ocasión. Pola súa banda o Concurso de Tapas de Lugo é un evento que está a funcionar moi ben e no que hai cabida para todo tipo de propostas, “desde as máis atrevidas ás máis tradicionais”. O concurso está aberto até finais de mes, cun prezo de tapas que varía entre 1 e 3 euros e que se poderán degustar entre 13:00 a 15:30 h e de 20:00 a 22:30 h. Participan en toral 47 establecementos que optan tanto a premios do público como dun xurado profesional. O gañador do premio outorgado polo xurado profesional será o que represente á cidade no concurso galego e nacional de tapas.

13 de Setembro de 2019
concurso tapas lugo

A gastronomía lucense, en tapas e sobre rodas

Esta semana remata a Volta Ciclista a España na que a gastronomía lucense ha volto a estar presente a través do posto E para comer, Lugo […]
12 de Xullo de 2019
ganador TapasLugo 2018

Aberto prazo para participar na nova edición do Concurso de Tapas de Lugo

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) xa ten en marcha a organización da décimo quinta edición do Concurso de Tapas […]