colaboración

A Consellería de Cultura e Turismo asinou un acordo coa secretaria de Estado de Turismo para homoxeneizar os criterios de excelencia e calidade do sector no marco da aposta da administración pública na mellora da competitividade da oferta turística. Neste contexto, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, fixo balance da boa marcha do turismo galego no primeiro cuadrimestre do ano, un período no que os establecementos hoteleiros da Comunidade ingresaron 61,7 millóns de euros, un 8% máis que en 2018.

O acordo, asinado en Santiago de Compotela entre o conselleiro, Román Rodríguez, e a secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Oliver, permitirá homoxeneizar os criterios de excelencia e favorecerá a colaboración entre as dúas administracións, unha aposta pola calidade na que a Xunta leva inmersa os últimos anos e que xa está a dar os seus froitos. Neste sentido, Rodríguez destacou ó que o número de empresas co recoñecemento SICTED de Calidade Turística duplicouse na última década ao pasar de 286 en 2008 ás 598 conseguidas o ano pasado. Subliñou, ademais, que Galicia logrou o ano pasado o maior número de certificacións da marca Q de calidade da súa historia, ao conseguir un total de 282, situándose como a segunda Comunidade con máis recoñecementos.

A secretaria de Estado, pola súa banda, destacou que Galicia posúe un produto turístico “moi diferenciado”; “unha marabillosa carta que xogades e que tedes que coidar”, e citou a paisaxe galega e a rede de camiños xacobeos, a paisaxe e os camiños.

Oliver ofreceu a colaboración do Estado para seguir mellorando a oferta do turismo de Galicia e a súa calidade, e referiuse en concreto ao ano 2021 cando terá lugar o próximo Xacobeo. “Imos traballar conxuntamente para que sexa un éxito en número de visitantes e de gasto turístico”, indicou.

A representante estatal dixo que o 2021 será “un momento importante” para tratar de captar e fidelizar ao visitante que acuda á comunidade galega.

Destacou a importancia que ten para o potente sector turístico español a colaboración entre as diferentes institucións públicas e a súa cooperación coas empresas do sector privado. “Calidade, sustentabilidade, accesibilidade, innovación, desestacionalización e diferenciación son os termos craves neste século XXI”, afirmou Isabel Oliver.

18 de Xuño de 2019
vista Secretaria de Estado de Turismo Santiago

Acordo de colaboración para avanzar en innovación, calidade e sustentabilidade do turismo en Galicia

A Consellería de Cultura e Turismo asinou un acordo coa secretaria de Estado de Turismo para homoxeneizar os criterios de excelencia e calidade do sector no […]
07 de Febreiro de 2019
Firma Termas  Río Hondo Fitur 2019

Arxentina interésase polos avances en competitividade e calidade do sector turístico galego

Unha delegación de Santiago del Estero asinou un protocolo de colaboración co Clúster Turismo de Galicia para avanzar en accións en común que lles permitan mellorar […]
29 de Xaneiro de 2019
firma sondeseu 1-min

O Clúster de Turismo de Galicia contará coa música de Sondeseu nas súas próximas actividades de promoción fóra de Galicia

Ambas as entidades asinaban un protocolo de colaboración que redundará na promoción conxunta da música e o turismo galego Co obxectivo de contribuír á difusión da […]
24 de Marzo de 2015

A oferta turística galega promocionarase en Río a través dun convenio de colaboración entre Xunta, Clúster do Turismo e empresarios do sector

O protocolo de colaboración asinado cos empresarios cariocas contempla o desenvolvemento de prácticas profesionais no tecido turístico galego de estudantes e profesionais do sector turístico brasileiro […]