Clúster Turismo de Galicia

Os participantes colaboran creando ideas de desenvolvemento tecnolóxico e poderán obter premios de máis de 4.500 euros entre os grupos gañadores

Deputación de Pontevedra e Minube, xunto con Smartpeme e Turismo Rías Baixas, organizan o “Desafío Hackathon: DESTInno” que tamén contará coa colaboración do Clúster Turismo de Galicia. Este hackathon desenvolverase no marco da II Jornnada TurisTIC que terá lugar en Vigo. Nel reuniranse profesionais do sector tecnolóxico con profesionais do turismo para desenvolver ideas que, na práctica, impulsen destinos turísticos intelixentes, como poden ser as aplicacións móbiles. Este espazo de traballo para o desenvolvemento colaborativo de solucións tecnolóxicas terá lugar na Sede da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo, durante os días 8 e 9 de abril de 2019.

Desafío Hackathon: DESTInno sobre destinos turísticos intelixentes celébrase con motivo da II Xornada TurisTIC de Pontevedra, unha iniciativa deseñada pola Deputación de Pontevedra para dar apoio ao sector turístico provincial en materia de novas tecnoloxías. Neste contexto, o hackathon #DesafioDESTInno tratará de fortalecer a competitividade entre destinos en base a conceptos de: accesibilidade, sustentabilidade, innovación e tecnoloxía.

Os participantes, en grupos de até 3 persoas, poderán competir para desenvolver a aplicación máis innovadora desde as 10:00 horas do luns até as 15:00 horas do martes. Os integrantes do grupo (profesionais ou estudantes de diferentes sectores do campo da programación informática, deseño web e app e do sector turístico) competirán por facerse cun dos 3 premios, presentando as súas ideas máis innovadoras para unha xestión tecnolóxica que garante o éxito do turismo. Desta maneira, Deputación de Pontevedra e Minube contribúen na industria turística con accións que garanten que, unha boa xestión do turismo pode facerlle operar como axente de cambio.

Ademais de conseguir para todos os participantes unha participación noutro concurso de desenvolvemento, haberá tres premios ás mellores aplicacións:
Zona Franca de Vigo patrocina o 1º premio de 3.000€
Clúster TIC de Galicia patrocina o 2º premio de 1.000€
Clúster de Turismo de Galicia patrocina o 3º premio de 500€

Inscríbete aquí

04 de Abril de 2019
Hackathon, Destinno, Jornada TurisTIC

Deputación de Pontevedra e Minube organizará o Desafío hackathon: DESTInno na II Xornada TurisTIC que se celebrará en Vigo

Os participantes colaboran creando ideas de desenvolvemento tecnolóxico e poderán obter premios de máis de 4.500 euros entre os grupos gañadores Deputación de Pontevedra e Minube, […]
18 de Marzo de 2019
Turistic 2019

Vigo acollerá o próximo mes de abril ao II Xornada TurisTIC, centrada no turismo intelixente

O Museo Verbum de Vigo acollerá o próximo 10 de abril a segunda Xornada TurisTIC sobre Turismo intelixente, organizada pola Deputación de Pontevedra. O encontro busca […]
21 de Febreiro de 2019
Visita Parlamento de Galicia

Visita institucional do Clúster Turismo de Galicia ao Parlamento galego

Unha ampla representación do Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia desprazouse até o Parlamento de Galicia para unha visita de carácter institucional que serviu a […]
14 de Febreiro de 2019
Fairway 2019

A 3ª edición de Fairway conclúe cun incremento de contactos, público e superficie expositiva e consolídase como un espazo necesario para a promoción internacional do Camiño de Santiago

O III Forum e Congreso do Camiño de Santiago pechou portas con satisfacción xeneralizada entre público e organización, que destacou o incremento tanto en expositores como […]