Clúster Turismo de Galicia

Considera necesario establecer aloxamentos de garda en cada unha do sete cidades da Comunidade para as persoas que por diferentes circunstancias, tanto persoais como laborais, non poidan retornar aos seus domicilios ou lugares de orixe

Habilitaranse os servizos de atención básica ás persoas hospedadas, garantindo as medidas de prevención determinadas polas autoridades sanitarias

Horas antes de que o Goberno publicase no BOE a orde de peche dos aloxamentos turísticos en todo o territorio, a Xunta de Galicia mantivo contactos co sector para garantir o correcto desenvolvemento deste peche. Así, a Consellería de Cultura e Turismo intensificou xa o contacto cos establecementos inscritos e o Centro de Coordinación Operativa aprobou unha serie de medidas de acompañamento.

A Xunta de Galicia habilitará, en función das necesidades, establecementos de acollida temporal de garda en cada unha do sete cidades galegas para as persoas que por diferentes circunstancias, tanto persoais como laborais, non poidan retornar aos seus domicilios ou lugares de orixe no período establecido. Así, en concreto, adoptaranse as decisións oportunas para evitar situacións de posible desamparo das persoas que se atopen aloxadas en calquera tipoloxía de aloxamento, tanto hostaleiro como extrahotelero.

A Xunta trasladou xa a necesidade de que nestes establecementos de garda habilítense servizos de atención básica ás persoas hospedadas, garantindo as medidas de prevención determinadas polas autoridades sanitarias. Igualmente, sinala que os traslados precisos deberán rexerse en todo momento polas normas de mobilidade actualmente en vigor. Para as persoas estranxeiras en tránsito deberán establecerse as canles adecuadas para facilitar as actuacións das autoridades da administración estatal encargadas da repatriación.

Estas medidas foron remitidas á Delegación do Goberno en Galicia, a quen se solicitou información sobre os rexistros de aloxados diarios. Como reforzo, e co obxectivo de traballar coa máxima anticipación, a Xunta contactou cos establecementos inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) da Comunidade Autónoma, en comunicación permanente co Clúster Turismo de Galicia e cos representantes sectoriais e provinciais.

19 de Marzo de 2020
consellería

A Xunta mantén contacto co sector turístico para para preparar o peche que o Goberno central prevé decretar dos aloxamentos turístcios

Considera necesario establecer aloxamentos de garda en cada unha do sete cidades da Comunidade para as persoas que por diferentes circunstancias, tanto persoais como laborais, non […]
13 de Marzo de 2020
Reunión turismo.

O sector turístico galego apoia medidas estritas para minimizar o impacto do coronavirus en Galicia

Representantes do sector turístico galego trasladaron ao conselleiro de Cultura e Turismo a súa preocupación polo impacto económico que esta crise vai supor para o sector […]
10 de Marzo de 2020
informe esade

Retrato do sector turístico galego

O informe sobre innovación turística elaborade pola ESADE en colaboración con Caixabank destaca a falta de aposta do turismo galego pola innovación e as novas tecnoloxías […]
03 de Marzo de 2020
O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, reúnese con representantes do Clúster Turismo de Galicia para informar sobre o seguimento do coronavirus.

O sector turístico galego mantén contacto coa Xunta para coñecer as liñas de actuación fronte ao coronavirus

O Clúster Turismo de Galicia mantivo esta mañá un encontro coa Consellería de Cultura e Turismo e o SERGAS para coñecer os avances en protocolos e […]