Clúster Turismo de Galicia

A través do servizo de axenda ofrecido polo Clúster Turismo de Galicia aos empresarios que participaban na misión comercial á World Travel Market, nesta edición hanse agendado algo máis de 25 encontros profesionais conxuntos nos que participaron de 3 a 5 empresas galegas que puideron así presentar as súas características, oferta e particularidades aos diferentes turoperadores cos que se celebraban os encontros.
O obxectivo desta axenda é que os empresarios poidan aproveitar ao máximo a súa estancia na feira e, para iso, facilítaselles información previa do perfil da empresa coa que se mantén o encontro, ademais de facerlle un posterior seguimento aos encontros iniciais establecidos durante os días da feira. Ademais, moitos dos participantes na misión comercial á feira londiniense, a de maior relevancia internacional para o sector das viaxes e a turoperación, manteñen unha axenda propia e participan tamén no workshop de Hosted Buyers que ofrece a feira polo que multiplican os seus contactos e encontros profesionais.
En canto ao perfil dos empresarios que participaron na misión comercial galega que se desenvolveu baixo o paraugas de Turismo de Galicia e dentro da caseta de Turespaña, a maior parte corresponden a empresas de turoperación e aloxamentos hoteleiros ou casas de turismo rural pero tamén viaxaron empresas vinculadas ao turismo activo, turismo náutico ou restauración co obxectivo de seguir traballando en prol da internacionalización da oferta turística galega.

08 de Novembro de 2017
20171107_141940

Máis de 25 encontros múltiples agendados entre profesionais do sector turístico galego e turoperación internacional

A través do servizo de axenda ofrecido polo Clúster Turismo de Galicia aos empresarios que participaban na misión comercial á World Travel Market, nesta edición hanse […]
11 de Outubro de 2017
turistas-494x300

Taxa turística en Galicia?

Tras a presentación dun informe do catedrático da USC Luís Caramés sobre a viabilidade da implantación dunha taxa turística en Compostela, rexorde o debate sobre a […]
05 de Outubro de 2017
II edición FairWay

En marcha a nova edición de FairWay, o Forum do Camiño de Santiago

O Forum do Camiño de Santiago, FairWay, ten en marcha xa a súa segunda edición, que se celebrará do 12 ao 14 de novembro no Palacio […]
04 de Outubro de 2017
Encuentro Intercluster Canarias sept 2017

A innovación, clave para a mellora da competitividade dun sector turístico, entre as conclusións do Foro Fi2

Tenerife acolleu a celebración da oitava edición do Fi2, o foro de innovación e tecnlogía de Canarias, que este ano estaba dedicado ao turismo O Clúster […]