Clúster Turismo de Galicia

A celebración pon punto e final ao fam trip celebrado estes días en Galicia, no que se deron cita 10 hosted buyers que visitaron A Coruña e Santiago e mantiveron encontros profesionais con 50 empresas galegas

Preto de 200 representantes de empresas e institucións relacionadas co turismo de congresos incentivos e eventos déronse cita no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, para a festa do sector MICE galego, un encontro que tamén serviu para facer unha presentación do proxecto Galicia MICE, posto en marcha en 2016, no que se se unen OPCs, hoteis e espazos para eventos para promover a Comunidade como destino ideal para este tipo de actividades. Galicia MICE conta co apoio do Clúster Turismo de Galicia, cuxo presidente, Cesáreo Pardal, fixo fincapé na heteroxeneidade e a relevancia deste sector, vertebrador para o conxunto do turismo en Galicia, así como na importancia de seguir traballando na cooperación público-privada.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, tamén destacou esta cooperación entre o sector privado e as administracións á vez que destacou o apoio da Xunta á organización de Congresos a través da liña de axudas que acaba de aprobar a Xunta. Finalmente, a presidenta de OPC Galicia, Ana Trevisani, pola súa banda, fixo un percorrido pola traxectoria da marca Galicia MICE e destacou o volume de negocio do sector en España, que o Spain Convention Bureau (SCB) cifrou recentemente en 6.600 millóns de euros, con 4,3 millóns de asistentes e 25.800 eventos, á vez que destacaba as vantaxes coas que conta Galicia para estar entre os primeiros destinos elixidos para organizar congresos a nivel nacional.

“Galicia ofrece ao sector profesionais serios, fieis, eficaces, moi traballadores e conta ademais con ese plus que todo organizador desexa: sensacións e experiencias. Somos un destino solvente que se enfronta a algúns problemas, como o relativo descoñecemento do noso traballo ou os derivados da conectividad de Galicia respecto doutros puntos”, explicou Trevisani.

Encontros profesionais
Coa celebración da festa do sector MICE galego péchase o programa de actividades que esta semana desenvolveu Galicia Mice con dez operadores turísticos do resto de España e Europa, que tiveron oportunidade de coñecer varias localizacións ideais para a organización de grandes congresos e eventos, ademais de percorrer os atractivos turísticos das cidades da Coruña e Santiago de Compostela. Dentro do programa leváronse a cabo reunións entre os operadores foráneos e 50 empresarios das dúas cidades, representantes de diversos sectores relacionados.

13 de Novembro de 2019
2019-11-12-cidade da cultura foto do workshop

Preto de 200 profesionais galegos e europeos danse cita en a  Festa do sector MICE galego

A celebración pon punto e final ao fam trip celebrado estes días en Galicia, no que se deron cita 10 hosted buyers que visitaron A Coruña […]
11 de Novembro de 2019
Javier Veiga 1

A cerimonia de entrega de galardóns celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o próximo 3 de decembro.

A primeira edición dos Premios Galicia de Turismo, convocados polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, contará como mestre de cerimonias co […]
07 de Novembro de 2019
Fiesta MICE

A Coruña e Santiago reciben a un grupo de hosted buyers do sector MICE que coñecerán os seus recursos e reuniranse con empresarios locais

O martes 12 celebrarase a Festa do Sector MICE de Galicia, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia O Clúster Turismo de Galicia, co apoio […]
31 de Outubro de 2019
workshop Lisboa

Un cento de profesionais galegos e lusos participan en Lisboa no último workshop do ano do Clúster Turismo de Galicia

Máis de medio centenar de turoperadores lusos mantiveron encontros con empresarios do sector turístico galego Lisboa foi o lugar elixido polo Clúster Turismo de Galicia para […]