Clúster del Turismo de Galicia

Un total de 45 empresarios galegos manterán encontros coa turoperación de Málaga e Sevilla en senllas xornadas de traballo

O CTG dá continuidade así aos workshops de proximidade que celebra desde fai tres anos co obxectivo de xerar sinerxías profesionais con Portugal e destinos nacionais.

Málaga e Sevilla foron os destinos nacionais elixidos este ano por parte do Clúster Turismo de Galicia para dar continuidade aos workshops de proximidade iniciados fai tres anos en destinos nacionais. Con esta iniciativa o CTG busca achegar a oferta turística galega a destinos accesibles a dous ou tres horas máximo en avión a través de accións que inclúan a promoción de destino pero tamén o contacto directo coa turoperación.

Con estas iniciativas, asegura o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, “profundamos na identificación de mercados de proximidade de interese, na mellora da comercialización e na promoción de destino que para o Clúster de Turismo é un labor fundamental que está en mans das diferentes administracións públicas pero que nós, como sector privado, complementamos xerando sinerxías moi positivas entre empresarios, facilitando encontros profesionais B2B nun contexto de axenda profesional que sabemos que é a mellor maneira de comezar a establecer relacións comerciais”.

A primeira parada destes workshops anuais celebrarase esta tarde en Málaga para continuar mañá en Sevilla, onde os 45 empresarios galegos participantes manterán reunións B2B cos profesionais andaluces aos que lles presentarán novos servizos, paquetes, aloxamentos e servizos para gozar do territorio galego.

Terceira edición dos workshops de proximidade
Tras Málaga e Sevilla, os workshops de proximidade de 2019 concluirán cunha xornada de traballo que se celebrará en Lisboa, o próximo 30 de outubro, dando por concluída a terceira edición dos Workshop de Destino de Proximidade do Clúster Turismo de Galicia, concibidos para achegar a oferta turística galega a destinos nacionais que reúnen as condicións perfectas para ser emisores de turismo nacional cara ao territorio galego.

22 de Outubro de 2019
prensacluster-11

O Clúster Turismo de Galicia celebra dúas misións comerciais en Andalucía para dar a coñecer a oferta turística galega

Un total de 45 empresarios galegos manterán encontros coa turoperación de Málaga e Sevilla en senllas xornadas de traballo O CTG dá continuidade así aos workshops […]
30 de Setembro de 2019
Ribeira Sacra niña viajero  perfil

Galicia pecha tempada estival superando expectativas con máis de 1,5 millóns de viaxeiros e 3,9 millóns de noites en xullo e agosto

O Clúster Turismo de Galicia fai balance positivo dun verán caracterizado pola inestabilidade que demostrou mellor comportamento que o 2018 Considera moi positiva a subida de […]
30 de Xullo de 2019
turismo rural casa videira

A previsión de ocupación do turismo rural galego mellora en agosto, situándose arredor do 50%

EscapadaRural.com sitúa ao territorio galego como a sexta comunidade autónoma con maior ocupación no país, cinco punto por encima das cifras de 2018 Segundo datos do […]
28 de Xuño de 2019
Asamblea General Socios Clúster Turismo de Galicia 2019

O Clúster de Turismo de Galicia aproba por vez primeira cotas de socio e un orzamento anual de case 950 mil euros

Ademais de dar conta da memoria de actuacións do ano pasado, o máximo órgano do CTG ratificou a incorporación de oito novos membros O Clúster Turismo […]