O CDTIC celebrará unha nova sesión formativa dirixida ao sector turístico nesta ocasión a cargo de José Alcañiz

Dirixido a establecemento turísticos, operadores ou axencias receptivas e entidades de xestión de destinos, o obxectivo deste curso impartido polo Centro Demostrador TIC Galicia é mellorar á web destas empresas, optimizando recursos, usabilidade e coñecendo mellor os motores de busca, entre outras ferramentas. Os asistentes coñecerán as ferramentas e estratexias dispoñibles en internet para que establecementos, operadores e entidades de xestión de destinos turísticos obteñan visibilidade e rendemento económico, abordando a elaboración dun plan de marketing adecuado para os nosos obxectivos.

A xornada, que se desenvolverá o 21 de maio en xornada de tarde, de 16h a 20h, emitirase tamén por streaming e estará impartida por José Alcañiz, xerente de Buscadestinos.com, central de reservas de hoteis e escapadas no que participou desde a súa xestación en 2006, e fundador de Esterea Comunicación Digital en 2011. Ademais, é profesor asociado na Escola de Negocios Afundación e colabora como mentor de emprendedores e startups en ViaVigo, Rede Mentoring, AJE Galicia, LaunchLab e Startup Weekend Galicia.

Se che interesa participar, podes inscribirte directamente no teu espazo de usuario da web do CDTIC.

150521_Programa_POTENCIA_WEB

12 de Maio de 2015

Potencia a web do teu establecemento turístico

O CDTIC celebrará unha nova sesión formativa dirixida ao sector turístico nesta ocasión a cargo de José Alcañiz Dirixido a establecemento turísticos, operadores ou axencias receptivas […]
06 de Maio de 2015

Se tes unha idea queremos traballala contigo….

O CDTIC organiza o vindeiro 18 de maio unha xornada demostrativa dirixida a startups (empresas con menos de cinco anos), emprendedores e universitarios con ideas de […]
14 de Abril de 2015

Seminario sobre márketing de atracción para el sector: "Dejad que los turistas se acerquen a mi"

Bajo este atractivo título, “Marketing de Atracción: deixade que o turista se achegue a min”, el seminario organizado por el Centro Demostrador TIC tiene como objetivo […]
11 de Marzo de 2015

Sesiones demostrativas en el CDTIC

Esta semana el sector hotelero pudo conocer el funcionamiento de Xeshostal mientras que el próximo 25 de marzo serán las tiendas on line las protagonistas de […]