Camiño Inglés

Aínda que a moi ampla distancia dos itinerarios favoritos dos peregrinos, que seguen sendo o Camiño Francés e o Portugués, o Camiño Inglés conseguiu sumar máis adeptos e situarse como o terceiro itinerario máis transitado no que vai de ano, por encima do Camiño Primitivo ou da vía da Prata.

Con máis de 1700 peregrinos nos que vai de ano, un 15% máis que o ano pasado, o Camiño Inglés tenta seguir gañando posicións entre os itinerarios elixidos por aqueles que fan o Camiño de Santiago, 41 mil no que vai de 2018. En 2017 un total de 11.300 peregrinos elixiron este itinerario, moi lonxe aínda das cifras do Portugués ou o Francés, que acaparan case o 80% dos peregrinos que se dirixen a Santiago.

Pero o incremento é evidente nos últimos anos, grazas ao labor de apoio e promoción das administracións públicas con accións como a mellora de infraestruturas, dotación de códigos QR, promoción da ruta nas distintas feiras de turism ou a campaña Primavera no Camiño Inglés, unha iniciativa promocional da Deputación da Coruña que se celebra nos 18 municipios da provincia coruñesa polos que transcorre esta ruta e que tivo o seu acto central na feira celebrada en Betanzos, epicentro desta ruta.

Xornadas
Por outra banda, Ordes, Narón, Culleredo (os días 15 e 16 de xuño) e Pontedeume acollerán unhas xornadas participativas de creación artística ao redor do do Camiño Inglés co título “Do Camiño Vivido”; mentres que Oroso, Carral, Cambre e Neda serán escenario da representación de “O Bululú nos Camiños de Santiago”, que interpretará o elenco da compañía Fuso Negro Teatro.

09 de Maio de 2018
albergues camino santiago

O Camiño Inglés se sitúa como o terceiro itinerario xacobeo máis transitado no que vai de ano

Aínda que a moi ampla distancia dos itinerarios favoritos dos peregrinos, que seguen sendo o Camiño Francés e o Portugués, o Camiño Inglés conseguiu sumar máis […]
23 de Maio de 2017
camino-2017-np-810x540

O xogador Nikos Galis, protagonista da 3ª edición do Camiño acaba en Obradoiro

A iniciativa permitirá darlle visibilidade ao Camiño Inglés entre o 21 e o 25 de maio O Rio Natura Monbus Obradoiro aposta de novo pola combinación […]
08 de Marzo de 2017
albergues camino santiago

Primavera no Camiño, nova campaña da Deputación da Coruña

Co obxectivo de dar a coñecer os atractivos do Camiño Inglés e impulsar a afluencia de peregrinos que empregan este itinerario para chegar a Compostela, a […]
14 de Febreiro de 2017
Camino de Santtiago

Turismo de Galicia investirá máis dun millón de euros en 18 concellos polos que discorre o Camiño Inglés

Durante 2017 a Xunta investirá máis dun millón de euros en accións que permitran mellorar as instalacións e sinalización do Camiño Inglés. En concreto levarán a […]