Camino de Santiago

A Xunta de Galicia, dende o programa “O teu Xacobeo”, impulsa este verán travesías náuticas xacobeas que se realizarán a bordo de catro veleiros que operarán dende os portos de Vigo, Portonovo, Baiona, Ribeira e a Pobra do Caramiñal. Completarán as rutas terrestres existentes dende estes portos que forman parte da denominada “Travesía Náutica Xacobea Sur”. Están concebidas, ademáis, co obxectivo de difundir a cultura galega, a gastronomía e a historia de Galicia.

Horarios e percorridos

Os percorridos que saen dende os portos das Rías de Vigo e Pontevedra pretenden complementar as etapas a pé do Camiño ao longo dos meses de agosto e setembro e están coordinadas pola empresa Chárter Galicia.

As rutas dende Ribeira funcionan no mes de agosto con varios horarios de mañá e tarde os martes e venres. O obxectivo principal é facer o mesmo percorrido que fixo o corpo do Apóstolo, desde o Océano Atlántico ata o cruceiro do parque de Pedra Pateira, en Santa Uxía, considerado a porta de entrada na Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla. Estas rutas están coordinadas polo Concello de Ribeira.

No mes de setembro e outubro, o concello da Pobra do Caramiñal coordinará unha traslatio cunha ruta en veleiro similar á ofrecida estes días en Ribeira. E tamén desde o 24 de agosto poranse en marcha rutas xacobeas do mar de Arousa a pé que conectarán a Illa de Cortegada co Camiño de Santiago.

O programa “O teu Xacobeo” conta cun investimento de 4,7 millóns de euros para poner en marcha 352 proxectos espallados por toda Galicia de cara á promoción do Xacobeo 2021. Dentro destas iniciativas existe outra vinculada á peregrinación por mar, pois a Xunta participará na restauración do Noamh Gobnait, unha embarcación tradicional que alcanzou dende Irlanda  as costas galegas e os seus peregrinos lograron chegar a Compostela. O barco descansa no Museo do Mar de Galicia.

23 de Agosto de 2019
Turismo nautico_ruta xacobea

A Xunta impulsa travesías náuticas para percorrer o Camiño de Santiago por mar dende cinco portos galegos

A Xunta de Galicia, dende o programa “O teu Xacobeo”, impulsa este verán travesías náuticas xacobeas que se realizarán a bordo de catro veleiros que operarán […]
08 de Agosto de 2019
turismo_slow

O “ slow travel” ou turismo consciente, cada vez máis en alza en Galicia

“O atractivo noso é a paisaxe, a gastronomía, a tranquilidade, as actividades en deportes de auga. O tempo é o noso potencial! Vén xente de toda […]
31 de Xullo de 2019
Xacobeo_2021

Xunta e o ICTE traballarán nun proxecto conxunto para mellorar espazos do Camiño de Santiago que poidan obter a ‘Q’ de calidade

O proxecto implantarase no Camiño Portugués e na Ruta do Mar de Arousa e Ulla, á vez que se reforzan as rutas vitivinícolas Dentro da folla […]
18 de Xullo de 2019
Plan Estratégico Xacobeo 2021

O Plan Estratéxico do Xacobeo2021 contará cun orzamento mínimo de 247,7 millóns de euros

O presidente da Xunta avanzou as liñas xerais do plan que se presenta este venres na Cidade da Cultura de Galicia No marco da reunión da […]