Axencia Turismo de Galicia

Turismo destinará 50.000 euros para acondicionar o antigo balneario de Cortegada mentres que Baiona dá pasos para construír o primeiro talaso público de Galicia

Turismo de Galicia achegará un importe total de 50.000 euros para acondicionar e sinalizar o antigo balneario da localidade ourensá de Cortegada, unha acción que a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, espera que sexa un “novo acicate” ao turismo termal da provincia, contribuíndo a pór en valor unha infraestrutura que definiu como “clave na historia termal da nosa comunidade, que durante anos levou a fama deste municipio chegando a ser denominado Cortegada de Baños” e subliñou a “tradición mineiro-medicinal destas augas”, xa documentadas no século XV.

Os traballos inclúen a sinalización do miradoiro Coto da Pena e do propio balneario de Cortegada que supón un “enorme potencial” para o impulso desta esta zona como destino termal, ademais de que contribúe a situar Galicia como “destino líder en Europa” e tamén destino termal potenciando o desenvolvemento económico da comarca. Este tipo de iniciativas enmárcanse dentro do Plan de Turismo Termal 2014-2020 que ten como obxectivo “converter o termalismo nunha bandeira propia como opción turística de calidade que conjugue lecer e saúde” e que permita “estruturar a oferta, recursos e os servizos” como aposta de futuro.

Spa en antiga cetaria de Baiona

O Concello de Baiona proxecta construír o primeiro spa público de auga salgada de Galicia con tratamento de algas mariñas nunha das súas antigas cetarias, unha actuación coa que se pretende dar un paso máis no desenvolvemento da zona.En leste mesmo lugar, a través do plan Poseidon I executáronse obras de saneamento e adecuación da balsa e acceso á zona de solárium en madeira de piñeiro, que permitiu ao público facer uso das bondades da auga de mar. Nesta segunda fase búscase dar un uso tópico ás algas. En opinión do rexedor de Baiona, se o proxecto é validado definitivamente, aceleraríanse os traballos ao máximo posible para que puidesen estar finalizados na primavera de 2018.

01 de Abril de 2017
balneario de Cortegada

Impulso ao turismo de saúde en Cortegada e Baiona

Turismo destinará 50.000 euros para acondicionar o antigo balneario de Cortegada mentres que Baiona dá pasos para construír o primeiro talaso público de Galicia Turismo de Galicia […]
02 de Marzo de 2017
Jornada Turismo Rural marzo 2017

O turista rural que elixe Galicia ten un alto índice de fidelización, identifícase co ecoturismo e valora especialmente o trato personalizado e a contorna

A xornada Turismo Rural celebrada en Santiago serviu para coñecer as principais conclusións do último informe do Observatorio de Turismo Rural para o sector en Galicia […]
03 de Xaneiro de 2017
stand fitur Turismo de galicia

Turismo de Galicia destinará case 180.000 euros a 14 bolsas de formación en turismo

Co obxectivo de ofrecer formación especializada na promoción do Destino Galicia, a Xunta de Galicia habilitou orzamento para a convocatoria en 2017 dun total de 14 […]
15 de Novembro de 2016
fitur 2017

E despois da WTM… arrinca FITUR

Unha edición máis o Clúster Turismo de Galicia volverá estar presente na cita nacional máis importante para o sector turístico, FITUR, que se celebrará en IFEMA […]