Axencia Turismo de Galicia

A Consellería de Cultura e Turismo promoveu durante esta semana a celebración dunha serie de actividades formativas sobre a Ruta WAOH!, o itinerario no que Galicia está presente xunto ao Reino Unido, Irlanda e Portugal centrado no turismo do mergullo. Os participantes deste tipo de accións formativas son persoal de turismo de administracións locais e geodestinos así como profesionais de empresas especializadas en actividades de mergullo, kaiak, paseos en barco, avistamento de cetáceos e empresas comercializadoras que reciben esta formación co obxectivo de impulsar o ecoturismo costeiro-mariñeiro.

Esta acción permitiralle, ademais, que os seus participantes se formen como operadores e guías da Ruta WAOH!, unha iniciativa que conta co apoio financeiro do Fondo Europeo e Marítimo para a Pesca (FEMP) da Unión Europea e nace para fortalecer Europa como un destino sustentable que permite conectar lugares de mergullo de primeiro nivel establecendo sinerxías con outras actividades náuticas como paseos en kaiak, avistamento de cetáceos e paseos en barco.

10 de Abril de 2019
Formación xornada turismo náutico WAOH

Arrinca a formación para que o sector turístico galego se acredite para traballar na futura ruta atlántica WAOH!

A Consellería de Cultura e Turismo promoveu durante esta semana a celebración dunha serie de actividades formativas sobre a Ruta WAOH!, o itinerario no que Galicia […]
04 de Setembro de 2018
Jornada Apertura Plan de Formación 2018

Unha vintena de accións compoñen o novo Plan de Formación Turística que desenvolverá o Clúster até fin de ano

Un total de 10 localidades galegas do catro provincias acollerán estas accións formativas que o Clúster Turismo de Galicia ofrece gratuitamente O plan inclúe un Programa […]
18 de Maio de 2017
IMEX 17

Misión comercial galega en IMEX de Frankfurt, a feira do sector MICE máis importante do mundo

Os representantes do sector feiral, de congresos e incentivos mantiveron encontros profesionais nesta cita do 16 ao 18 de maio Unha edición máis, o sector galego […]
12 de Maio de 2017
imex frankfurt 2017 logo

Galicia promocionarase como destino de feiras, congresos e incentivos na feira IMEX de Frankfurt

Representantes do sector MICE galego como Palexco ou ExpoCoruña xunto con Turismo da Coruña e Turismo de Galicia estarán presentes nesta cita do 16 ao 18 […]