Axencia de Turismo de Galicia

A delegación, composta por 21 asociados, mantivo máis de medio centenar de contactos, entre os agendados polo CTG e os xestionados individualmente

11 de marzo de 2015.- Por segundo ano consecutivo, o Clúster de Turismo de Galicia volveu estar presente na feira internacional máis importante para o sector turístico, a ITB Berlin, que pecha as súas portas este fin de semana coa previsión de superar novamente o número de profesionais e público visitante. Nesta ocasión foron un total de 21 os empresarios que viaxaron nesta misión comercial baixo o paraugas da Axencia de Turismo de Galicia a esta feira de referencia para o sector turístico a nivel internacional xunto con FITUR e a World Travel Market.

Na caseta de Galicia na feira o CTG xestionou un espazo de traballo no que se sucederon os encontros profesionais, co obxectivo de incrementar o grao de coñecemento da oferta turística galego á vez que se establecen novas relacións comerciais con turoperadores e axentes do mercado alemán interesados en ampliar ou comezar coa comercialización en Galicia. Durante estes dous días de traballo, xestionáronse máis de 50 contactos, entre os que se contan os 17 encontros con directores e xefes de produto agendados directamente polo CTG para os seus asociados, na súa maioría alemáns, aos que hai que sumar os que cada asociado mantivo pola súa conta.

Galicia, destino de calidade
En canto aos perfís profesionais cos que se ha contando, a maioría foron operados centrados en turismo activo, interesados en turismo cultural e gastronómico así como en turismo familiar que buscan ampliar as opcións de destino en España cun destino de calidade. Ademais, estableceuse contacto con turoperadores alemáns. Non en balde o mercado alemán xa supón o segundo emisor máis importe para Galicia en canto a número de turistas estranxeiros, só por detrás do portugués e representa xa o 11,2% dos visitantes estranxeiros que recibe a nosa comunidade.

Tras o éxito da edición anterior, nesta ocasión o número de empresarios que participaron na misión practicamente duplicouse, pasando de doce na edición pasada a 21 nesta edición. A misión, que conta coa presenza da directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, así como do presidente do CTG, Francisco González, permitirá dar a coñecer aqueles produtos turísticos que mellor se adaptan ao mercado alemán. En 2015 recibíronse máis de 180.000 visitantes dos cales 110.000 son profesionais do sector turístico que buscarán novas oportunidades de negocio para as súas empresas turísticas. A feira desenvólvese no recinto Messe Berlín, con máis de 160 mil metros cadrados para exposición onde participan máis de 10.000 expositores de 190 países.

Na misión participan representantes da Asociación de Palacios de Congresos de Galicia, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), da Federación Galega de Turismo Rural, o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, da Asociación de Hostalaría de Compostela, da Asociación de Empresarios de Hospedaxe (HOSPECO) e de Hostalaría da Coruña, da Federación de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra así como axencias, turoperadores e empresarios do sector.

11 de Marzo de 2016
P1000722

O Clúster Turismo de Galicia incrementa contactos e número de asociados presentes na ITB Berlin

A delegación, composta por 21 asociados, mantivo máis de medio centenar de contactos, entre os agendados polo CTG e os xestionados individualmente 11 de marzo de […]
26 de Febreiro de 2016
Festa-da-Istoria-RibadaviaOU

Turismo de Galicia destina 300.000 euros para as Festas de Interese Turístico de Galicia

Co obxectivo de seguir apostando e promovendo as Festas de Interese Turístico de Galicia, Turismo de Galicia acaba de aprobar unha liña de axudas por un […]
22 de Febreiro de 2016
viajes combinados

Turismo de Galicia e Axencias de Viaxe consensúan unha posición común para a trasposición da directiva europea sobre viaxes combinadas

Co obxectivo de coñecer a posición das axencias de viaxes galegas e adoptar unha posición común en relación á trasposición da directiva europea Directiva 90/314/CEE de […]
18 de Febreiro de 2016
Alberto Núñez Feijoo y Nava Castro se reunieron con el Clúster en el CSHG

O Clúster mantén un encontro con Núñez Feijóo para fixar conxuntamente os obxectivos do sector turístico até 2021

O Clúster de Turismo de Galicia mantivo un encontro co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, co […]