Axencia de Turismo de Galicia

Co obxectivo de impulsar o termalismo e as actividade desportivas como fortalezas do destino Ourense, Turismo de Galicia asinou un convenio co Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) por un importe de 100.000 euros co que se pretende impulsar os recursos turísticos propios da provincia.

Seguindo coa máxima de apostar por produtos turísticos experienciales que contribúan á desestacionalización da oferta turística galega, a Axencia de Turismo de Galicia e o INORDE impulsan este convenio en base ao cal se desenvolverán actuacións relacionadas co deporche como a promoción do Centro de Adestramento de Remo Laias, Arnoia e Castrelo de Miño nas Olimpíadas de Río 2016, a elaboración dun plan director para esta entidade e a dotación de equipamento para o campo de regatas Arnoia – Laias.

Ademais, investirase en promover e comercializar o termalismo, un dos principais atractivos turísticos da provincia, incluíndo o termalismo deportivo e con actos a nivel internacional. Financiaranse tamén as actuacións do programa “Galicia a todo Tren”, que un ano máis estará en marcha na provincia e no resto da Comunidade. Así mesmo, ampliarase o espazo para exposicións na aula do tren da estación dos Peares e manteranse os centros de interpretación das estacións de Santa Cruz, Os Peares e Baños de Molgas.

Tamén se distribuirá material promocional sobre a oferta turística da provincia e realizaranse outras actuacións, algunhas encamiñadas a pór en valor grandes atractivos turísticos da provincia como a enoloxía ou a gastronomía como, por exemplo, a participación na feira Xantar.

08 de Xuño de 2016
convenio Turismo de Galicia - Inorde

Turismo e Inorde asinan un convenio para o impulso dos recursos turísticos ourensáns

Co obxectivo de impulsar o termalismo e as actividade desportivas como fortalezas do destino Ourense, Turismo de Galicia asinou un convenio co Instituto Ourensán de Desenvolvemento […]
05 de Xuño de 2016
040616 Galicia a todo tren 3

Nove itinerarios en total e 84 prazas máis, novidades da nova edición de Galicia coma unha bala

Cun incremento de 84 prazas e a creación de dous novos itinerarios, o Termal e o Camiño do Santiago e o da Lamprea e o Viño […]
30 de Maio de 2016
Presentación ACIGAL en Ourense

Os mosteiros cistercienses galegos traballan para a construción do seu propio itinerario cultural europeo

Co obxectivo de crear un itinerario cultural a nivel europeo que inclúa os diferentes mosteiros cistercienses cos que conta Galicia, 15 en total, a Asociación de […]
26 de Maio de 2016
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinará un convenio de colaboración co presidente da Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa Zona Norte, Manuel Rivas, para a promoción do turismo no xeodestino.

150.000 euros para actividades de promoción e mellora da comunicación do destino Arousa Norte

Turismo de Galicia destinará un total de 150.000 euros para o impulso na promoción da Mancomunidade de Arousa Norte, especialmente no que se refire ás novas […]