Axencia de Turismo de Galicia

Do 16 de setembro ao 18 de decembro, esta promoción que chega á súa décima edición, volverá promocionar a oferta turística rural a través de menús, paquetes turísticos e estancias de fin de semana

A X edición do Outono Gastronómico volve ás casas de turismo rural galegas neste último cuadrimestre do ano. E faio para ofrecer, desde o 16 de setembro ao 18 de decembro de 2016, unha completa oferta de menús, paquetes turísticos e estancias de fin de semana nalgunha das 92 casas de turismo rural participantes, pertencentes á Federación Galega de Turismo Rural, (FEGATUR), a Asociación Galega de Turismo Rural, (AGATUR) e Asociación de Turismo Rural Cariño. Dos 92 establecementos rurais participantes 19 son da provincia da Coruña, 24, da de Lugo; 23, da de Ourense; e 26, da de Pontevedra.

Ccreado por Turismo de Galicia en colaboración coa rede de establecementos de Turismo Rural de Galicia, o obxectivo do Outono Gastronómico en contribuír a dinamizar o turismo rural nesta época do ano, ofertando actividades complementarias encamiñadas a contribuír á desestacionalización do turismo.

Como novidade este ano incorporouse un autobús vintage que viaxará polo sete cidades galegas e por Vilagarcía de Arousa para promocionar o programa. Trátase dun vehículo histórico dos anos 50 que servirá como punto de información da campaña e será ademais un expositor orixinal da historia desta promoción. Este ano tamén se editarán guías informativas -nos idiomas galego e castelán- que se pon a disposición do público nos propios establecementos de turismo rural, oficinas de turismo, campos de golf e outros espazos públicos. Ademais, o programa tamén se promoverá a través das redes sociais e promoverase un concurso en Facebook no que Turismo de Galicia obsequiará aos gañadores con varios Fins de semana outono gastronómico para dúas persoas, en colaboración con diferentes medios de comunicación e centros comerciais que tamén ofrecen este agasallo entre os seus usuarios.

Dous menús diferentes
Cada unha das casas participantes ofrece dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para a ocasión. Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o Paquete outono gastronómico que permite degustar o Menú outono gastronómico e durmir na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte. Esta modalidade ofrece un menú por persoa máis aloxamento e almorzo nunha nunha das casas de turismo rural participantes na promoción -noite de venres ou sábado a escoller-.

Outra das posibilidades que se recolle na promoción é gozar do Fin de semana Outono Gastronómico, que inclúe dous menús por persoa máis o aloxamento -noite de venres e sábado-. Quérese compartir coa familia un fin de semana dentro deste programa turístico, existe o Fin de semana familiar outono gastronómico que inclúe ofertas para un e dous nenos até 14 anos. O éxito obtido nas edicións anteriores consolida este programa como unha proposta ben contrastada e demandada polo público e polas casas rurais de Galicia

06 de Setembro de 2016
outono gastronomico

Volve o Outono Gastronómico a 92 casas de turismo rural de Galicia

Do 16 de setembro ao 18 de decembro, esta promoción que chega á súa décima edición, volverá promocionar a oferta turística rural a través de menús, […]
30 de Agosto de 2016
trenes turísticos

Os trens turísticos galegos pechan agosto cunha ocupación do 80%

Aínda que o programa Galicia a todo tren bala continúa en funcionamento até o mes de outubro, os resultados ao longo da tempada estival son moi positivos, […]
15 de Agosto de 2016
termagal3

Balnearios de Galicia aposta por unha ferramenta dixital para estandarizar a atención a todos os pacientes destes establecementos

Co obxectivo de contar cunha ferramenta dixital que permita aos facultativos de saúde termal unha xestión estandarizada da historia clínica dos pacientes, Balnearios de Galicia está […]
09 de Agosto de 2016
viajero 1000 trenes turísticos

“Galicia a todo tren” alcanza o milleiro de usuarios

A cuarta edición do programa de Turismo de Galicia, “Galicia a Todo Tren”, acadou xa o milleiro de usuarios no conxunto do nove itinerarios que conforman […]