Axencia de Turismo de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida, asinaron un convenio de colaboración que reforzará a aposta da Administración autonómica pola promoción internacional do turismo e as actividades náuticas en Galicia, como un dos elementos que permitirán seguir traballando na diversificación e desestacionalización do turismo galego a través da captación de novos fluxos de barcos de recreo ou potenciar o aluguer de barcos en destino, unha práctica que xera millóns de euros e que en España só explota cun volume destacable a comunidade de Baleares.

O convenio inclúe a promoción conxunta no exterior das instalacións e servizos portuarios para a náutica dos que se dispón na comunidade, así como a promoción da actividade de turismo náutico que ofrece a rexión. Para iso ambas as entidades confirmaron que está prevista a participación no Salón Grand Pavois, na Rochelle, no Salón Náutico de París e no Southampton Boat Show (Reino Unido), os principais certames sectoriais no ámbito internacional. Así mesmo, celebraranse dúas presentacións nas cidades de Cork e Dublín en colaboración con Turespaña para difundir a oferta galega no mercado irlandés e tamén se presentará a oferta náutica e de cruceiros galega en Portugal.

Cabe lembrar que no 2016 atracaron nos portos galegos 8.167 embarcacións procedentes doutros países, o que supuxo unha marca e un crecemento do 4 % no conxunto das instalacións da comunidade e ata un 14,5 % nas mariñas das Rías Baixas.

24 de Abril de 2017
crucero a coruña

Reforzo da promoción internacional do turismo náutico galego

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida, asinaron un convenio de colaboración que reforzará […]
03 de Abril de 2017
camelia

Dez xornalistas alemáns descobren a oferta turística galega nunha xornada de prospección organizada por Turismo de Galicia

Un grupo de 10 profesionais da comunicación vinculados aos xornais máis importantes de Alemaña tiveron a oportunidade de coñecer parte da oferta turística da Comunidade galega […]
29 de Marzo de 2017
peregrinos monte do gozo

Turismo de Galicia e a Catredral de Santiago asinan un convenio de colaboración para mellorar a atención aos peregrinos

O Consello da Xunta aprobou a firma dun convenio entre Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago polo cal o ente público achegará 300.000 euros […]
16 de Marzo de 2017
Salon Mundial de Turismo

Participación galega no Salón Mundial de París

O recinto de París Expo Porte de Versailles acolle ata o domingo 19 de marzo a 42ª edición do Salón Mundial do Turismo, un evento que […]