Axencia de Turismo de Galicia

O presidente do CTG tomou parte no acto de entrega, presidido polo conselleiro Economía e Industria e coa participación da Axencia de Turismo de Galicia

González destacou o liderado de Galicia na súa aposta pola calidade como elemento diferenciador da oferta turística galega e a consecución de 44 certificacións nos dous primeiros anos de posta en marcha do selo

“A calidade entendida como eixo fundamental sobre o que construír un modelo turístico sustentable, competitivo e diferenciado, que nos permita ser máis rendibles”. Así destacaba o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, a aposta do sector por un turismo de calidade e de procura de excelencia no acto de entrega das distincións Galicia Calidade Lecer aos primeiros 44 establecementos turísticos (43 hoteis, restaurantes e casas rurais e o porto deportivo de Sanxenxo) que esta mañá se celebraba na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Un acto presidido polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que tamén puxo en valor a oferta turística da comunidade a través dunha marca propia que distingue “o que nos fai diferentes”. Conde participou, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na entrega por vez primeira deste distintivo ao sector turístico galego ao amparo do acordo alcanzado por Galicia Calidade co Clúster de Turismo de Galicia para facer extensiva a marca Galicia Calidade a este sector.

González tamén destacou que, cando hai dous anos asinábase este acordo de extensión de uso da Marca Galicia Calidade, 10 eran os establecementos que se puñan como meta. Hoxe eran 44 os distinguidos, unha cifra que o presidente do CTG está convencido de que seguirá incrementándose nos próximos anos. “Desde o comezo tivemos claro que era unha marca recoñecida dentro e fóra das nosas fronteiras coa que queriamos ir da man, como un instrumento que nos axude a situar a Galicia como destino de calidade no imaxinario do viaxeiro”, asegurou.

No acto, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria destacou que Galicia Calidade acredita xa máis de 300 produtos de máis de 100 empresas, e que agora é tamén un valor engadido do turismo galego, reforzando certificados estatais como a Q de calidade, coa que contan xa 282 establecementos galegos.

Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, felicitou ás empresas recoñecidas hoxe porque, como dixo, con este distintivo “demostran que a calidade non é só un obxectivo final, senón unha maneira de traballar”. Castro valorou o esforzo dun sector que aposta por selos de excelencia como a Q de Calidade e por leste de Galicia Calidade Lecer que achega prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigorosidade e tamén promoción á comunidade galega como destino “diferenciado e referente en excelencia”.

Consulta o listado de establecementos

25 de Setembro de 2017
O conselleiro de Econom’a, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompa–ado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistir‡ ‡ entrega de diplomas de Galicia Calidade a establecementos tur’sticos.

44 establecementos turísticos galegos reciben as primeiras distincións de Galicia Calidade Lecer

O presidente do CTG tomou parte no acto de entrega, presidido polo conselleiro Economía e Industria e coa participación da Axencia de Turismo de Galicia González […]
22 de Setembro de 2017
Trenes turísticos Galicia

Os trens turísticos de Galicia achéganse este outono á Coruña, Lugo e Ourense tras alcanzar un 87% de ocupación no verán

‘Lugo Romano’, ‘Ourense termal e de compras’ e Descubrindo ‘A Coruña’ ofrecen seis saídas cun percorrido que combina o turismo urbano e cultural co termalismo Tras […]
14 de Setembro de 2017
Plan de Formacion 3

Máis de 400 profesionais mellorarán as súas capacidades co novo Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia

O programa, que se desenvolverá en 14 localidades galegas, componse de preto de 300 horas de formación de alto valor engadido orientada a profesionais do sector […]
13 de Setembro de 2017
detapasporgalicia2017

Volve o concurso gastronómico De Tapas por Galicia

De Tapas por Galicia volve cunha nova edición que se celebrará no sete cidades galegas máis grandes entre setembro e novembro deste ano, un evento gastronómico […]