Asociación Balnearios de Galicia

O premio de innovación que a Asociación Europea de Balearios concede anualmente recaeu na investigación que sobre termalismo de saúde levada a cabo polos investigadores da Universidade da Coruña, Rosa Meijide e Ángela Vea e do Grupo de Reumatoloxía do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), Francisco Branco e Elena Burguera. Este estudo aborda os mecanismos de acción das augas mineiromedicinais sulfuradas en relación ás patoloxías reumáticas, en particular a artrose.
O traballo foi galardoado como Premio Especial do Xurado no marco do Congreso Anual da ESPA, que este ano se celebrou en Francia. O organismo, con sede en Bruxelas, integra a 1.200 balnearios de 20 países europeos. Estes premios recompensan e dan visibilidade ás iniciativas máis innovadoras e destacadas do sector europeo do termalismo e a balneoterapia.
Segundo despréndese deste estudo, que continúa nunha seguinte fase para comprobar en ratas os efectos antioxidantes, antienvejecimiento, antiinflamatorios ou anticatabólicos (diminúe a morte celular) detectados en células fronte ao sulfuro de hidróxeno, que é o principio activo das augas mineiromedicinais sulfuradas, e que posuiría efectos beneficiosos sobre a saúde xa que, segundo puideron demostrar os científicos, este composto detén a dexeneración do cartílago articular característica da artrose.

Oito balnearios galegos analizados
Para desenvolver este estudo, os investigadores colaboran con boa parte dos balnearios galegos que teñen augas sulfuradas. Trátase dos balnearios de Carballo e Compostela (Brión), na provincia da Coruña. Na provincia de Lugo están o de Guitiriz, as Termas Romanas de Lugo e o balneario Oca Augas Santas (Pantón). Na provincia de Ourense empregan augas do balneario de Arnoia. E na de Pontevedra as augas de Caldas de Reis (balnearios Acuña e Dávila) e das Termas de Cuntis. Estes resultados foron presentados en diversos congresos internacionais, entre eles o Congreso Anual da Sociedade Internacional de Investigación da Osteoartritis ou no da Sociedade Internacional de Hidrología Médica; e deron lugar únaa Tese de Doutoramento e as varias publicacións científicas.

12 de Xullo de 2016
aainvestigadores1

A Asociación Europea de Balnearios premia unha investigación galega sobre os efectos das augas mineiromedicinales sobre a artrose

O premio de innovación que a Asociación Europea de Balearios concede anualmente recaeu na investigación que sobre termalismo de saúde levada a cabo polos investigadores da […]
14 de Xuño de 2016
Global Exhibitions Day

Termatalia incorporou a Ourense na celebración do Gobal Wellness Day

O acto serviu tamén para que a Asociación de Balnearios de Galicia presentase na cidade o seu programa “Termalismo no Camiño” Co fin de conmemorar o […]
30 de Maio de 2016
sector termal en España h

O sector termal en España alcanza o volume de negocio do turismo rural

O informe Turismo Termal en España analiza a situación, debilidades e posibilidades de mellora do termalismo en España Problemas de comercialización, coñecemento e mantemento das instalacións […]
25 de Abril de 2016
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompa–ada pola directora do Centro Superior de Hostaler’a de Galicia, Marta Fern‡ndez, e membros de Balnearios de Galicia presentar‡ os programas Menœs Saludables e Un descanso nos Cami–os. No Hotel Balneario de Compostela (carretera Santiago a Noia, s/n, O Tremo)

Novos produtos turísticos multiexperienciales que aúnan turismo de saúde, gastronomía e Camiño de Santiago

En colaboración coa Asociación de Balnearios de Galicia e o CSHG, Turismo de Galicia puxo en marcha dous novos programas Baixo o título “Menús Saudables” e […]