Apit Galicia

A asociación que agrupa a este colectivo en Galicia, APIT Galicia, asinou un convenio de colaboración con Fegatur para obsequiar aos turistas rurais con tours gratuítos nalgunha das 7 cidades onde se retoman desde xullo e até setembro

Coa apertura de novo de numerosas atraccións turísticas, a actividade dos guías de turismo de Galicia volve tamén. E volve despois dun duro confinamento que moitos destes profesionais aproveitaron para formarse e para prepararse coa adopción das medidas precisas para traballar de forma segura nesta nova realidade, aplicando os novos protocolos de hixiene nas nosas visitas e contribuíndo a facer de Galicia uns destinos seguro.

Así, durante este tempo, desenvolvéronse guías de recomendacións específicas para o traballo do guía turístico, tanto por parte do ICTE como da Xunta de Galicia e os guías puideron participar nun completo programa de formación impulsado pola Xunta para actualizar formación e adoptar estes protocolos, co obxectivo de volver facer visitas en todos os recunchos de Galicia de forma segura e de forma sustentable. “Volvemos ser os mellores embaixadores de Galicia ante as xentes e os peregrinos que nos visitan. Volvemos contribuír cos nosos impostos a unha sociedade de benestar. Esta pandemia demostrounos que non todo vale e que temos que pensar nun turismo sustentable e responsable e por iso pedimos: Elixe ben quen quen che guía”, aseguran nun comunicado para anunciar o seu regreso.

Precisamente para reivindicar a profesionalización deste colectivo e a figura do guía profesional, do guía oficial, do guía preparado e do guía responsable coa súa contorna e os seus habitantes, os paraugas amarelos volveron facer a súa aparición sincronizada en Vigo, Pontevedra, Santiago, Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense, seguindo a convocatoria conxunta con CEFAPIT (Confederación Española de Asociación de Guías de Turismo), que levou a convocatoria a todas as cidades de España

Colaboración FEGATUR
Ademais, APIT Galicia acaba de asinar un acordo de colaboración coa Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) para premiar aos visitantes que se aloxen este verán nas nosas casas de turismo rural cun bono gratuíto para incorporarse ás nosas visitas nas 7 cidades de Galicia. Unhas visitas que tamén están abertas a todos os visitantes e que se desenvolverán de forma regular todo o verán cos seguintes horarios:

A CORUÑA

VISITA: Tour cidade vella
DIAS:
Xullo e Agosto: diario
Setembro: sábado, domingo e festivos
HORARIOS: 11:30

LUGO
VISITA: PATRIMONIO MUNDIAL DE LUGO
DIAS: diaria
HORARIOS: 12.:00

OURENSE
VISITA: OURENSE MONUMENTAL
DÍAS:
XULLO E AGOSTO: diarias
SETEMBRO: Sábados e domingos
HORARIOS:
11h30 de luns a sábado
12h00 domingos e festivos

PONTEVEDRA
VISITA: Os SEGREDOS DE PONTEVEDRA
DIAS: visita diaria (excepto domingos)
HORARIOS: 18:30

FERROL
VISITA: FERROL SECRETO
DIAS: martes, xoves, sábados e domingos
HORARIOS: 12:00

SANTIAGO
VISITA_1: TOUR PEREGRINO
DIAS: diario
HORARIOS: 10:00
VISITA_2: COMPOSTELA CONTADA
DIAS: diaria
HORARIOS: 12:00
VISITA_3: TOUR PEREGRINO
DIAS: diario
HORARIOS: 16:00
VISITA_4: COMPOSTELA CONTADA
DIAS: diaria
HORARIOS: 18:00

VIGO
VISITA 1: PAZO QUIÑONES DE LEÓN
DIAS: venres
HORARIOS: 11:30
VISITA 2: CENTRO HISTÓRICO DE VIGO e o seu ENSANCHE
DIAS: sábados e domingos
HORARIOS: 11:30

01 de Xullo de 2020
guias de galicia verano 2020

Volven as visitas guiadas cos guías oficiais de Galicia

A asociación que agrupa a este colectivo en Galicia, APIT Galicia, asinou un convenio de colaboración con Fegatur para obsequiar aos turistas rurais con tours gratuítos […]
01 de Maio de 2020
guias de turismo

APIT-GALICIA lanza a campaña #MorriñadeTi

A asociación profesional de guías de turismo mantén encontros coas diferentes administracións para traballar na recuperación do sector turístico A Asociación Profesional de Guías Turísticos APIT […]
21 de Febreiro de 2020
paraguas amarillos guías de galicia

Apit Galicia celebra con visitas guiadas gratuítas o Día Internacional do Guía de Turismo

Con motivo da celebración do Día internacional do Guía de Turismo, a Asociación Profesional de Guías de Galicia ofrecerá ao longo de toda a xornada do venres, […]
19 de Febreiro de 2019
Dia Internacional Guia Turismo

A turismofilia centrará a celebración do Día do Guía Profesional do Turismo

Baixo o lema “Eu practico turismofilia, e ti?”a Confederación Española de Federacións e Asociacións Profesionais de Guías de Turismo decidiu centrar este ano a súa mensaxe […]